A Reserva en Biocultura

O Showcooking de A Brasa de Beche e a presentación de novas Experiencias da Biosfera foron os pratos fortes da xornada.

As empresas da Biosfera GEO Galicia Eventos e Ocio e 77 Turismo de Betanzos foron as encargadas de presentar novas experiencias incluidas no catálogo de propostas de ecoturismo dentro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. As presentacións tiveron lugar, con gran asistencia de público, no auditorio situado dentro da caseta da Reserva.na Feira Biocultura que se celebra no recinto feiral ExpoCoruña.

author avatar
Admin2025