Luis Galán, deseñador local realizou o deseño das pezas do novo stand inspiradas en elementos da comarca ligados ás costumes e tradicións. Mariñas Coruñesas estreará novo stand para mostrar o mellor do noso territorio. A Reserva creará un espazo innovador que representará os 17 concellos, así como aos nosos produtores e empresas turísticas, nas principais feiras e eventos.
Nos deseños propostos están presentes formas e cores que recordan a cinco símbolos etnográficos que identifican as Mariñas Coruñesas:
- O hórreo mariñán
- As bodegas de viño
- A artesa de pan
- O banco tradicional
- A casa mariñeira Golfo Ártabro
Trátase dun espazo modular e adaptable, con expositores, photocall, mesas de barril, atril, zona de xogos e mesmo unha cociña para showcookings. Con este stand, Mariñas Coruñesas seguirá proxectando o seu valor cultural, patrimonial e turístico, situándonos como un destino de referencia do ecoturismo.