As nenas e nenos da escola de Lubre crearon o seu propio horto escolar.
Continuamos co programa Educando na Biosfera. As nenas e nenos de Bergondo tamén construiron un bancal no que plantaron hortalizas como brécol e leituga, ademais de sementes de cabaza, millo e fabas. Esta actividade permítelles coñecer os beneficios da produción e o consumo de alimentos ecolóxicos e de proximidade, así como adquirir bos hábitos alimentarios.