Os órganos de gobernanza e coordinación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo [RB-MCTM], son o Consello de Dirección [CDRB], o Comité Executivo [CERB] e o Xestor da Reserva. A Reserva de Biosfera conta ademais cun Comité Científico [CCRB] e un órgano de participación designado Comité de Participación [CPRB].
CONSELLO DIRECCIÓN DA RESERVA DA BIOSFERA
É o órgano colegiado responsable de dirixir e xestionar a Reserva de Biosfera «Mariñas Coruñesas».
Funcións principais:
- Promover, elaborar e aprobar o Plan de Acción.
- Analizar aspectos económicos e sociais da Reserva.
- Identificar oportunidades e definir liñas de actuación.
- Supervisar o cumprimento dos obxectivos anuais.
- Aprobar actuación e orzamentos.
- Controlar a xestión económica conforme ao aprobado.
Composición do Consello:
- Presidente e vicepresidente da ADR Mariñas-Betanzos.
- Representantes dos concellos incluidos na Reserva.
- Oito representantes de entidades sociais e económicas locais.
- Catro representantes da Xunta de Galicia (áreas como natureza, territorio, agricultura e pesca).
- Catro representantes da Diputación da Coruña.
- Representantes do Consorcio das Mariñas, Ministerio con competencia en costas, entidades de custodia, Comité Científico, Comité M&B de España e Comité de Participación.
- O xestor da Reserva.
Membros:
| Entidade | Representante |
|---|---|
| Presidencia | Presidencia Asociación Mariñas-Betanzos (Concello de Abegondo) |
| Vicepresidencia | Vicepresidencia Asociación Mariñas-Betanzos (Concello de Paderne) |
| Xestor | Xerente da Medida Leader Mariñas-Betanzos |
| Concellos | Concello de Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada e Sobrado. |
| Asociacións de empresarios multisectoriais | Grupo Naturalista Hábitat |
| Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais e ANPAS | Asociación Vedoreira Asociación Roxín Roxal (elixir 1 representante) |
| Colectivos de acción social, discapacidades ONGD | ASPACE ASPANAES (elixir 1 representante) |
| Asociacións e colectivos de mulleres | AMFAR Cambre |
| Pesca, Marisqueo e Acuicultura | GALP Golfo Ártabro Sur |
| Sector Turismo Hostalería | Asociación de Turismo Sostible de A Coruña |
| Sector Agrario, Gandeiro e Cooperativo | Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca |
| Xunta de Galicia | Director Xeral de Patrimonio Natural. Consellería Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xefe do Servizo de Patrimonio Natural (A Coruña). Conselleria Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Consellería do Medio Rural. Xefe Territorial Consellería do Mar (A Coruña). Consellería do Mar. |
| Deputación Provincial A Coruña | D.Xosé Regueira Varela Dna. Cristina Capelán Cancelo D.Bernardo Fernández Piñeiro D.José Manuel Pequeño Castro. |
| Consorcio As Mariñas | Xerente do Consorcio As Mariñas |
| Ministerio (con competencia en materia de costas) | Director Demarcación de Costas de Galicia |
| Entidades Custodia do Territorio | Fundación Fragas do Mandeo |
| Comité científico da Reserva de Biosfera | D.Jerónimo Puertas Agudo. Universidade da Coruña D.Juan Fernando Castro Insua. Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo. D.Carlos Vales Vázquez. Ceida. |
| Comité Español Programa MaB | D.Pablo Ramil Rego. Universidade Santiago de Compostela |
| Comité de participación da Reserva de Biosfera | Autoridade Portuaria de A Coruña; GADISA; Fundación Santiago Rey; Fundación Juana de Vega; Grupo Proinsa; EDAR Bens; Panadería da Cunha; Asociación vedoreira(elixir 2 representantes) |
COMITÉ EXECUTIVO DA RESERVA DE BIOSFERA
É un órgano colegiado encargado da execución operativa e seguimento das accións acordadas polo Consello de Dirección.
Funcións principais:
- Executar as actuacións do Plan de Xestión aprobadas polo Consello de Dirección.
- Controlar, facer seguimento e avaliar ditas actuacións.
- Propoñer novas accións e estratexias ao Consello de Dirección.
- Impulsar o voluntariado e dinamizar o tecido socioeconómico do territorio.
- Asumir funcións delegadas polo Consello de Dirección.
Composición do Comité:
- Presidente da ADR Mariñas-Betanzos.
- Tres representantes dos concellos da Reserva.
- Catro representantes das Mesas Sectoriais da Asociación.
- Un representante da Deputación da Coruña.
- Un representante da Xunta de Galicia (competente en espazos naturais).
- Un representante do Comité Científico.
- O Xestor da Reserva de Biosfera.
Membros do comité executivo:
| Entidade | Representante |
|---|---|
| Presidencia | Presidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Abegondo) |
| Concellos | Curtis, Culleredo, Oleiros, Paderne (3 representantes. Voto ponderado) |
| Xestor | Xerente Medida LEADER Mariñas-Betanzos |
| Entidades sociais e económicas | 4 representantes |
| Xunta de Galicia | 1 representante |
| Deputación Provincial A Coruña | 1 representante |
| Ministerio (con competencia en materia de costas) | Director Demarcación Costas de Galicia |
| Comité Científico | 1 representante |
XESTOR/A DA RESERVA DE BIOSFERA
Órgano unipersonal que asume a dirección ordinaria da Reserva, así como a representación desta ante a Rede Española de Reservas de Biosfera.
COMITÉ CIENTÍFICO DA RESERVA DE BIOSFERA
É un órgano consultivo que asesora ao Consello de Dirección e ao Comité Executivo, proporcionando análises e información para apoiar a toma de decisións e a avaliación do cumprimento dos obxectivos da Reserva.
Funcións principais:
- Identificar actividades de investigación relevantes para a Reserva.
- Propoñer fontes de financiamento para ditas actividades.
- Desenvolver, facer seguimento e avaliar investigacións e experimentacións.
- Asesorar na elaboración e execución dos Plans de Acción.
- Propoñer ou realizar estudos aliñados coa Conservación, o Desenvolvemento Sostible e a Educación Ambiental.
Composición:
- Formado por especialistas propostos polo Consello de Dirección ou por entidades galegas con actividade en I+D+i.
- Deben ser persoas de recoñecida solvencia, vinculadas a universidades, centros de investigación ou entidades científicas relacionadas cos obxectivos da Reserva.
- A súa inclusión debe ser aprobada polo Consello de Dirección e autorizada pola entidade á que pertenza o membro.
- Non se recibe compensación económica pola participación.
Estrutura interna:
O Comité organízase en tres grandes áreas, cada unha cun coordinador nomeado polo Consello de Dirección:
- Área de Conservación: composta por especialistas en Biodiversidade, Custodia do territorio , Auga, Bosques , Medio Mariño e Litoral, Paisaxe e Xeoloxía, entre outros que se consideren de interese.
- Área de Desenvolvemento Sostible, composta por especialistas en Ordeación do Territorio e Infraestruturas, Agricultura, Gandería e Xestión forestal, Pesca e Marisqueo, Turismo, Economía e Desenvolvemento Local, Enerxías Renovables , Sostibilidade e Residuos, entre outros que se considere de interese.
- Área de Apoio Loxístico, composta por especialistas en Investigación e Observación, Formación e Capacitación, Educación Ambiental e Comunicación, entre outros que se considere de interese.
Os membros do comité científico
| Representante | Entidade |
|---|---|
| D.Jerónimo Puertas Agudo | Universidade da Coruña. Área de hidráulica de canais e ríos |
| D.Juan Castro Ínsua | Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo |
| D.Carlos Vales Vázquez | Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) |
| D.Pablo Ramil Rego | Universidade de Santiago de Compostela. Área Biodiversidade |
| D.Venancio Salcines Cristal | Escola de Finanzas de A Coruña |
| D.Enrique Saéz Ponte | Fundación Juana de Vega |
| D.Francisco Díaz-Fierros Viqueira | Universidade de Santiago de Compostela. Área de Edafoloxía |
| D.Andrés Precedo Ledo | Universidade de Santiago de Compostela. Área de Xeografía |
| D.Francisco Javier Sanz Larruga | Universidade de A Coruña. Área de Dereito Ambiental |
| Dña.Antía Pérez Caramés | Universidade de A Coruña. Facultade de Socioloxía |
| Dña.Ángeles Romero Rodríguez | Universidade de Santiago. Área Tecnoloxía dos Alimentos |
| D.Darío Prada Rodríguez | Universidade da Coruña. Instituto Universitario de Medio Ambiente |
| D.Alfredo Erias Martínez | Museo das Mariñas |
| Dña.Isabel Aguirre de Urcola | Escola Galega de Paisaxe |
| D.Pedro Calaza Martínez | Colexio de Agronómos da Coruña |
| Dña.Elvira Sahuquillo Balbunea | Universidade de A Coruña. Área de Botánica |
| Dña.Marta Rey García | Universidade de A Coruña. Cátedra Inditex Responsabilidade Social |
| Dña.Adina Dumitru | Directora do seu Campus de Especialización na Sustentabilidade |
| D.Xosé Antón Fraga Vázquez | Director do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses |
COMITÉ DE PARTICIPACIÓN DE LA RESERVA DE BIOSFERA
O Comité de Participación é un órgano consultivo cuxo principal obxectivo é garantir a xestión participativa da Reserva de Biosfera, promovendo a implicación activa da sociedade civil na toma de decisións e na consecución dos obxectivos do territorio.
Funcións principais:
- Garantir a participación dos axentes locais na xestión e no desenvolvemento sostible.
- Ser un foro de debate e facilitar o diálogo entre a poboación e as administracións.
- Participar na elaboración e execución dos Plans de Acción.
- Fomentar o voluntariado e dinamizar o tecido socioeconómico.
- Facer seguimento do cumprimento dos obxectivos anuais.
- Recoller e trasladar propostas para mellorar a xestión da Reserva.
- Supervisar o desenvolvemento das actuacións executadas.
Composición:
Está formado por representantes de diversos sectores da sociedade, incluíndo:
- Entidades conservacionistas.
- Entidades de custodia do territorio.
- Entidades de educación ambiental.
- ONGs e voluntariado ambiental.
- Organizacións agrarias e forestais.
- Entidades do sector pesqueiro e marisqueiro.
- Sindicatos.
- Organizacións empresariais.
- Empresas e axentes do sector turístico.
- Entidades culturais e veciñais.
- Asociacións de caza e pesca.
- Asociacións de persoas con discapacidade.
- Asociacións xuvenís, de mulleres e de maiores.
- Sector das enerxías renovables e da xestión de residuos.
- Entidades con programas de responsabilidade social.
- Calquera outra entidade relacionada cos obxectivos da Reserva.
Os membros do comité científico
| Entidade | Representante |
|---|---|
| Autoridade Portuaria de A Coruña | Andrés Guerra Sierra |
| GADISA | Roberto Tojeiro Rodríguez |
| Fundación Santiago Rey | Jose Francisco Sánchez |
| Fundación Juana de Vega | Enrique Sáez Ponte |
| Grupo Proinsa | Dolores Fernández López |
| Edar Bens | Carlos Lamora Suárez |
| Panadería da Cunha | Manuel Da Cunha Pereira |
| Emalcsa | Jaime Castiñeira de la Torre |












