No edificio da Senra, Concello de Bergondo, o día 23 de xullo do ano 2008 sendo ás 19.00 horas, reúnense as seguintes persoas en representación de diversos colectivos segunda a táboa seguinte:
| Entidade | Concello |
|---|---|
| ASOC. PRO ENFERMOS MENTALES (APEM) | A CORUÑA |
| ASOCIACIÓN ASPRONAGA | A CORUÑA |
| ASOCIACIÓN DE PADRES PARA LA FORMACIÓN DE JÓVENES LÍMITE | A CORUÑA |
| Colegio Oficial De Ingenieros Técnicos Industriales De A Coruña (Coeticor) | A CORUÑA |
| Colexio Oficial De Veterinarios De A Coruña | A CORUÑA |
| FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS D MINUSVÁLIDOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA (COGAMI-CORUÑA) | A CORUÑA |
| Fundación Para O Avance Científico Da Veterinaria En Galicia | A CORUÑA |
| ONGD ECOS DO SUR | A CORUÑA |
| Asoc. Para A Recuperación, Defensa, Produción E Promoción Da Galiña Piñeira | A Coruña |
| Federación Provincial De Asociaciones Comarcales De Empresarias, Profesionales Y Emprendedoras De A Coruña (Fedacepe) | A Coruña |
| ASOC. DE CAZADORES DE ABEGONDO | ABEGONDO |
| ASOC. QUEIXEIRAS DE ABEGONDO E COMARCA | ABEGONDO |
| ASOCIACION XUVENTUDE E NATUREZA | ABEGONDO |
| ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA Y CONSUMIDORES DE ABEGONDO | ABEGONDO |
| ASOCIACIÓN TERRA DAS MARIÑAS | ABEGONDO |
| CONCELLO DE ABEGONDO | ABEGONDO |
| ASOCIACION DE EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS DE GALICIA | AMES |
| CONCELLO DE ARANGA | ARANGA |
| VAL DE ARANGA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA | ARANGA |
| ASOC. CULTURAL DEPORTIVA POLOS CAMIÑOS DE ARTEIXO | ARTEIXO |
| ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE SABÓN – ARTEIXO | ARTEIXO |
| ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS DE ARTEIXO | ARTEIXO |
| CONCELLO DE ARTEIXO | ARTEIXO |
| COOPERATIVA AGRARIA PROVINCIAL DE A CORUÑA, S. COOP. GALEGA | ARTEIXO |
| ASOC. DE PARAPLÉJICOS Y GRANDES MINUSVÁLIDOS DE GALICIA (ASPAYM) | BERGONDO |
| ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS AS MARIÑAS | BERGONDO |
| ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BERGONDO | BERGONDO |
| ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS PEDRAS BRANCAS | BERGONDO |
| ASOCIACIÓN ELAS | BERGONDO |
| CONCELLO DE BERGONDO | BERGONDO |
| LUPULO TECNOLOGÍA DE GALICIA, S. COOP. GALEGA | BERGONDO |
| ASOCIACION SECTORIAL DE VITICULTORES E ADEGUEIROS DE BETANZOS E COMARCA | BETANZOS |
| ASOCIACIÓN DE COSECHEROS DEL VINO DE BETANZOS | BETANZOS |
| ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS LIAFAIL | BETANZOS |
| ASOCIACIÓN GALEGA FORMACIÓN, ENTORNO, MULLER E SOLIRADIDADE (AGAFEMES) | BETANZOS |
| CLUB ATLETISMO AS MARIÑAS | BETANZOS |
| CLUB HAN´S HORANG-I | BETANZOS |
| CONCELLO DE BETANZOS | BETANZOS |
| FUNDACIÓN COMARCAL DE BETANZOS | BETANZOS |
| SINDICATO LABREGO GALEGO | BETANZOS |
| ASOC. DE EMPRESARIOS E EMPRESARIAS DE CAMBRE | CAMBRE |
| ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS ANTONIA DANS | CAMBRE |
| CLUB CICLISTA DE CAMBRE FRISONOBLE | CAMBRE |
| CONCELLO DE CAMBRE | CAMBRE |
| FUNDACIÓN INDALI | CAMBRE |
| LIMCO, S. COOP. GALLEGA INTERES SOCIAL | CAMBRE |
| PLATAFORMA REPRESENTATIVA ESTATAL DE DISCAPACITADOS FÍSICOS DE GALICIA (PREDIF -GALICIA) | CAMBRE |
| ASOCIACIÓN CULTURAL «CULTURA ABERTA» | CARRAL |
| CONCELLO DE CARRAL | CARRAL |
| ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE CESURAS | CESURAS |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CUTIÁN | CESURAS |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS «SAN PEDRO DE BORRIFÁNS» | CESURAS |
| CONCELLO DE CESURAS | CESURAS |
| ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE COIRÓS | COIROS |
| CONCELLO DE COIRÓS | COIRÓS |
| ASOC. MESTURA PARA LA INTEGRACIÓN SOCIAL DE LOS INMIGRANTES Y EMIGRANTES | CULLEREDO |
| ASOCIACION EMPRESARIOS DE CULLEREDO | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN COMERCIANTES CULLEREDO | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MARTÍN DE SÉSAMO | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL SAN COSME | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN HOSTALERIA DE CULLEREDO | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL O CRUCEIRO DE CELAS | CULLEREDO |
| CLUB AGRUPACIÓN DEPORTIVA E TEMPO LIBRE A PEDROSA | CULLEREDO |
| COMUNIDADE MONTES EN MAN COMÚN DE CASTELO | CULLEREDO |
| CONCELLO DE CULLEREDO | CULLEREDO |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN TIRSO DE AMBROA | IRIXOA |
| C.M.V.M.C. EL RAÑO | IRIXOA |
| CONCELLO DE IRIXOA | IRIXOA |
| ASOCIACIÓN BAIXOI | MIÑO |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS «A IRMANDADE DE BEMANTES» | MIÑO |
| CLUB NAUTICO DE MIÑO | MIÑO |
| CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACION AMBIENTAL GALICIA (CEIDA) | OLEIROS |
| CONCELLO DE OLEIROS | OLEIROS |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CIS | OZA DOS RIOS |
| CONCELLO DE OZA DOS RIOS | OZA DOS RIOS |
| ASOCIACION CULTURA LIBRE DE PADERNE ROXIN ROXAL | PADERNE |
| ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E DEPORTIVA «A ROSEIRA» | PADERNE |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS COMUNIDADE PARROQUIAL DE SOUTO | PADERNE |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN PANTALEON DAS VIÑAS | PADERNE |
| ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN ESTEBO DE QUINTAS | PADERNE |
| ASOCIACIÓN O RABO DO GALO | PADERNE |
| CONCELLO DE PADERNE | PADERNE |
| ASPACE | SADA |
| CLUB DE REMO MARIÑEIRO FONTAN – SADA | SADA |
| COFRADIA DE PESCADORES DE SADA | SADA |
| CONCELLO DE SADA | SADA |
| MEIGAS, ASOCIACION CULTURAL DE MULLERES | SADA |
| ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE SILVICULTORES DE GALICIA (SILVANUS) | SANTIAGO |
| ASOCIACIÓN PROFESIONAL XORNAGA | SANTIAGO |
| ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE LA INDUSTRIA 1ª TRANSFORMACIÓN DE LA MADERA DE LA CORUÑA | SANTIAGO |
| FUNDACIÓN G-PRODIS | SANTIAGO |
| SOCIEDADE GALEGA HISTORIA GALEGA | SANTIAGO |
| ASOCIACIÓN COORDENADORA NACIONAL GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES | VIGO |
Todos eles maiores de idade e con capacidade de obrar ACORDAN:
1. Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS”, que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito da provincia da Coruña e terá o seu domicilio provisional no Edificio da Antiga Cámara Agraria de Abegondo , San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña e na Rúa da Pescadería, nº1 – 1º 15300 Betanzos – A Coruña, sendo os seus fins principais:
- Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, persoas con discapacidade e colectivos de difícil inserción sociolaboral, así como a protección do ambiente e á creación de emprego.
- Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
- Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
- Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
- Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
- Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
- Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.
2. Aprobar os estatutos polos que se vai rexer a asociación, lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes, que se incorporan como anexo 1 a esta acta.
3. Aprobar o numero de representantes en Xunta Directiva de cada Mesa Sectorial, e elixi-lo órgano provisional de goberno da asociación, composto polos representantes de cada unha das Mesas Sectoriais nas que se organiza a asociación, segundo estatutos e que se relacionan de seguido, facultadas para a tramitación da inscrición da asociación no Rexistro correspondente de asociacións:
Mesa do Sector agrario, gandeiro e cooperativo (3 representantes)
-Sindicato Labrego Galego
-Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S.C.G.
-Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos
Mesa do Sector Forestal e da Madeira. (1 representante)
-Asociación Provincial de la Industria de 1ª transformación de la madera de A Coruña
Mesa de Asociacións e Colectivos de Mulleres. (1 representante)
-Asociación Elas
Mesa de Asociacións xuvenís e colectivos xuvenís (1 representante)
-Asociación xuventude e natureza
Mesa de Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS. (3 representantes)
-Asociación Val de Aranga
-Asociación O Rabo do Galo
-(pendente de nomear)
Mesa de Artesanía (1 representante)
-Asociación de Artesáns As Mariñas
Mesa de Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza (1 representante)
-Asociación Cultural Libre de Paderne – Roxín Roxal
Mesa do Sector de turismo e hostalería (1 representante)
-Asociación Hostalería de Culleredo
Mesa de Asociacións de empresarios multisectoriais (1 representante)
-Asociación de Empresarios de Culleredo
Mesa do Sector Institucional (2 representantes)
-Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de A Coruña (Coeticor)
-Colexio Oficial de Veterinarios de A Coruña
Mesa da Administracións locais (9 representantes)
-Concello de Abegondo
-Concello de Betanzos
-Concello de Cambre
-Concello de Coirós
-Concello de Culleredo
-Concello de Irixoa
-Concello de Oleiros
-Concello de Paderne
-(Pendente inclusión da Deputación Provincial de A Coruña)
Mesa da Pesca, marisqueo, acuicultura. (1 representante)
-Cofradía de Pescadores de Sada
Mesa Colectivos de Interese Social, discapacidade e ONG´s (2 representantes)
-Aspaym
-Ongs Ecos do Sur
E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, cando son as 21,00 horas do día 23 de xullo de 2008.
















