Ecoturismo

REDE DE CENTROS DA BIOSFERA

Contacto e mais información

Aula da natureza Juan Lembeye

Avda. Xoán Carlos I, s/n. 15670 O Burgo (Culleredo).
Tel: 981 19 00 16 / 981 66 55 97

Aula da natureza Juan Lembeye

A orillas da ría do Burgo, é un refuxio de biodiversidade e aprendizaxe, onde a natureza florece en pleno entorno urbano.

O aula

Trátase dun espazo privilexiado para a educación ambiental e a observación da biodiversidade. Situado na contorna da ría do Burgo, en Culleredo, este xardín botánico abrangue aproximadamente 50.000 metros cadrados e acolle unha ampla variedade de especies autóctonas e alóctonas.

Este entorno da ría do Burgo é un enclave que acolle durante todo o ano máis de 2.500 aves acuáticas de diversas especies, moitas delas migratorias. A súa localización nun contorno urbano e a súa riqueza ornitolóxica convérteno nun lugar idóneo para a observación de aves sen afastarse da cidade.

Este espazo forma parte da Rede de Centros de Interpretación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, comprometida coa conservación e divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico desta Reserva de Biosfera.

Imprescindibles

Outros Centros da Biosfera

Centro de visitantes Reserva de Biosfera

No concello de Abegondo
Na antigua Casa Rectoral de San Tirso, impulsa a conservación e valoración do patrimonio de 17 municipios, traballando porlo benestar da comunidade e a preservación do seu legado.

Aula de natureza de Crendes

No concello de Abegondo
Conecta coa biodiversidade do embalse de Abegondo-Cecebre, invitándote a explorar e protexer este valioso ecosistema galego.

Aula da Ría

No concello de Paderne
Te invita a descubrir a esencia marítima da ría de Betanzos, promovendo a conservación ye o aprecio pola nosa rica herencia natural e cultural.

Castelo de Santa Cruz-CEIDA

No concello de Oleiros
Entre a brisa da ría e a historia das súas pedras, o Castelo de Santa Cruz garda séculos de memoria nun paraíso natural.

Aula do mar

No concello de Oleiros
Na antigua casa do farero de Mera, conecta coa beleza natural da Costa de Dexo-Serantes, ofrecéndote unha vista panorámica e educativa do patrimonio costeiro galego.

Museo do Xacemento Romano de Cambre

No concello de Cambre
No corazón de Cambre, revive a pegada de Roma en Galicia, invitándonos a camiñar entre termas, cerámicas e memoria viva do noso pasado.

Centro etnográfico de Teixeiro

No concello de Curtis
O pasado cobra vida: unha viaxe por milenios de historia que revela cómo a cultura e a natureza camiñaron sempre da man na Reserva de Biosfera.

Casa Museo María Antonia Dans

No concello de Curtis
Celebra o arte e a memoria, rendindo homenaxe a unha pioneira do neoexpresionismo galego dende o corazón mesmo da súa inspiración.

Museo do Castro das Travesas

No concello de Carral
Nos transporta ás oríxes castrexas de Galicia, revelando as pegadas dunha cultura milenaria que aínda vive na nosa identidade.

Centro de visitantes do Río Mandeo

No concello de Coirós
A orillas do Mandeo, te invita a descubrir a vida do río, a súa biodiversidade e o seu papel vital na alma natural da Reserva de Biosfera.

Museo do mar de Sorrizo

No concello de Arteijo
Aos pes do mar, conecta pasado e presente para despertar conciencia sobre aa riqueza e fraxilidade da nosa costa galega.

Museo das Mariñas

No concello de Betanzos
No corazón de Betanzos, da vida á historia e cultura galegas, celebrando con orgullo a nosa identidade e legado en plena Reserva de Biosfera.