Ecoturismo
REDE DE CENTROS DA BIOSFERA
Horario de atención o público
Contacto e mais información
Aula do mar
Aula do mar
O aula
Trátase dun Centro de Interpretación dedicado á divulgación e conservación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. Situado na antiga casa do fareiro dos Faros de Mera, no concello de Oleiros, este espazo ofrece unha oportunidade única para coñecer a riqueza natural e cultural da nosa costa.
A Aula do Mar conta cunha exposición interpretativa permanente distribuída en dúas salas e dous miradoiros acristalados, que permiten unha visión panorámica da contorna, ofrecendo unha experiencia educativa completa.
Este centro actúa como punto de información para os visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, os seus valores naturais, rutas interpretativas e rutas ornitolóxicas.
A Aula do Mar forma parte da Rede de Centros de Interpretación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, contribuíndo á divulgación e protección do patrimonio natural e cultural desta Reserva de Biosfera.
Imprescindibles
- Illa e Castelo de Santa Cruz- CEIDA
- Museo Os Oleiros
- Faros de Mera
- Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes
- Porto de Lorbé e bateas de mexilóns
- Praia de Santa Cristina
- Praia de Bastiagueiro
- Praia de Naval
- Praia de Espiñeiro
- Praia de Mera
Experiencias
- Ecoturismo nol Golfo Ártabro
- Experiencias Inmersivas da Biosfera
- Mariñas Coruñesas Destino Starlight





