Ecoturismo
REDE DE CENTROS DA BIOSFERA
Horario de atención o público
Sábado e domingo 10:00-13:00
Luns pechado
Contacto e mais información
Casa Museo María Antonia Dans
Casa Museo María Antonia Dans
A casa
A primeira casa en Galicia dedicada a unha pintora. Inaugurada en marzo de 2024 en Curtis, este espazo rende homenaxe a María Antonia Dans Boado (1922-1988), unha das grandes figuras do neoexpresionismo galego, coñecida polas súas vibrantes representacións da paisaxe e da vida rural.
Situado na casa onde naceu a artista, o museo foi restaurado respectando a súa estrutura orixinal. Na planta baixa consérvanse o comedor e a cociña con mobiliario da época, mentres que na planta superior atópase a luminosa galería onde traballaba, cunha selección das súas obras. No exterior, pódese visitar o estudo da súa filla, Rosalía Dans, tamén artista.
Esta Casa Museo forma parte da Rede de Centros de Interpretación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, sumando a arte e a cultura ao valioso patrimonio natural e etnográfico da Reserva de Biosfera.
Imprescindibles
- Centro Etnográfico de Teixeiro
- Paseo fluvial do Carregal
- Feira de Curtis, 9 e 23 de cada mes
- Igrexa de Santa María de Curtis






















