Ecoturismo

REDE DE CENTROS DA BIOSFERA

Horario de atención o público

De martes a venres, de 10.00 a 13.00 horas, e de 16.00 a 19.00 horas.

Sábados e domingos, de 10.00 a 13.00 horas.

Contacto e mais información

Centro etnográfico de Teixeiro

Paseo fluvial, 20, 15310 Teixeiro, Curtis, A Coruña
Tel: 981789589

Centro etnográfico de Teixeiro

O pasado cobra vida: unha viaxe por milenios de historia que revela cómo a cultura e a natureza camiñaron sempre da man na Reserva de Biosfera.

O centro

O Centro Etnográfico de Teixeiro é un espazo dedicado á historia, a cultura e as tradicións das comunidades que habitaron este territorio ao longo dos séculos. Este centro etnográfico é un punto de referencia para coñecer e comprender a evolución da vida na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas desde as primeiras sociedades neolíticas ata os nosos días, sempre vinculada ao río Mandeo.

Aquí poderás descubrir a herdanza das antigas culturas que poboaron esta terra, explorando a pegada que deixaron na nosa paisaxe e identidade. Desde os primeiros asentamentos neolíticos ata a cultura castrexa, cos seus emblemáticos castros e formas de vida comunitaria, pasando pola influencia romana, que trouxo innovacións na arquitectura, na agricultura e na organización do territorio.

Ademais deste fascinante percorrido histórico, o Centro Etnográfico de Teixeiro ofrece unha visión detallada da vida cotiá das xeracións máis recentes: os oficios tradicionais, a arquitectura popular, a vestimenta, as ferramentas do campo e as costumes que definiron o modo de vida nestas terras ata tempos recentes. A través de exposicións e recreacións, este centro convídanos a comprender a estreita relación entre o ser humano e a súa contorna natural, baseada no respecto e no aproveitamento sostible dos recursos.

Como parte da Rede de Centros de Interpretación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, este espazo convértese nun lugar clave para o coñecemento e posta en valor da nosa historia e da nosa cultura.

Imprescindibles

Outros Centros da Biosfera

Centro de visitantes Reserva de Biosfera

No concello de Abegondo
Na antigua Casa Rectoral de San Tirso, impulsa a conservación e valoración do patrimonio de 17 municipios, traballando porlo benestar da comunidade e a preservación do seu legado.

Aula de natureza de Crendes

No concello de Abegondo
Conecta coa biodiversidade do embalse de Abegondo-Cecebre, invitándote a explorar e protexer este valioso ecosistema galego.

Aula da Ría

No concello de Paderne
Te invita a descubrir a esencia marítima da ría de Betanzos, promovendo a conservación ye o aprecio pola nosa rica herencia natural e cultural.

Castelo de Santa Cruz-CEIDA

No concello de Oleiros
Entre a brisa da ría e a historia das súas pedras, o Castelo de Santa Cruz garda séculos de memoria nun paraíso natural.

Aula do mar

No concello de Oleiros
Na antigua casa do farero de Mera, conecta coa beleza natural da Costa de Dexo-Serantes, ofrecéndote unha vista panorámica e educativa do patrimonio costeiro galego.

Museo do Xacemento Romano de Cambre

No concello de Cambre
No corazón de Cambre, revive a pegada de Roma en Galicia, invitándonos a camiñar entre termas, cerámicas e memoria viva do noso pasado.

Casa Museo María Antonia Dans

No concello de Curtis
Celebra o arte e a memoria, rendindo homenaxe a unha pioneira do neoexpresionismo galego dende o corazón mesmo da súa inspiración.

Museo do Castro das Travesas

No concello de Carral
Nos transporta ás oríxes castrexas de Galicia, revelando as pegadas dunha cultura milenaria que aínda vive na nosa identidade.

Aula da natureza Juan Lembeye

No concello de Culleredo
A orillas da ría do Burgo, é un refuxio de biodiversidade e aprendizaxe, onde a natureza florece en pleno entorno urbano.

Centro de visitantes do Río Mandeo

No concello de Coirós
A orillas do Mandeo, te invita a descubrir a vida do río, a súa biodiversidade e o seu papel vital na alma natural da Reserva de Biosfera.

Museo do mar de Sorrizo

No concello de Arteijo
Aos pes do mar, conecta pasado e presente para despertar conciencia sobre aa riqueza e fraxilidade da nosa costa galega.

Museo das Mariñas

No concello de Betanzos
No corazón de Betanzos, da vida á historia e cultura galegas, celebrando con orgullo a nosa identidade e legado en plena Reserva de Biosfera.