Ecoturismo
RED DE CENTROS DE LA BIOSFERA
Horario de atención al público
(Domingo e luns pechado)
Contacto y más información
Museo del mar de Sorrizo
Museo del mar de Sorrizo
O museo
O Museo do Mar de Sorrizo é un espazo único dedicado á divulgación e á educación ambiental sobre o medio mariño e o litoral.
Situado na fermosa costa de Arteixo, trátase dun antigo centro de investigación mariña dos anos 80, convertido nun centro de interpretación da Rede Natura Costa da Morte.
Conserva o foxo dunha das piscinas, reconvertido nun pequeno auditorio. Este centro convídavos a descubrir a relación histórica entre o ser humano e o mar, a biodiversidade da costa galega, a importancia da súa conservación e os desafíos medioambientais aos que se enfronta. Ademais, poderedes explorar recreacións de ecosistemas litorais e un mural que representa as especies máis emblemáticas da zona.
O Museo do Mar de Sorrizo forma parte da Rede de Centros de Interpretación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, un conxunto de espazos destinados á divulgación e conservación do patrimonio natural, cultural e etnográfico desta Reserva de Biosfera. Situado a carón do mar, é un miradoiro impresionante da costa de Arteixo.


































