LEADER

Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo Leader 2023 - 2027

No enfoque Leader é esencial que os grupos de acción local, que representen os intereses das comunidades locais, se encarguen do deseño e execución das estratexias de desenvolvemento local participativo, e poidan, así mesmo, desenvolver tarefas suplementarias delegadas pola autoridade de xestión ou o organismo pagador. As estratexias deben desenvolverse e apoiarse baixo a responsabilidade das autoridades de xestión e organismos intermediarios, que deben encargarse da selección das operacións que deben recibir apoio, ou participar na devandita selección.

O 2 de xuño de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 105 o Acordo do Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 20 de abril de 2022, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

O artigo 20 das bases reguladoras que rexen a convocatoria pola que se seleccionan as estratexias e entidades colaboradoras para o período de programación 2023-2027, establece que, para que as organizacións candidatas opten a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia para o citado período 2023-2027, deberán ter presentada a documentación xustificativa da subvención conforme dispón o artigo 31 das citadas bases reguladoras. En concreto, o artigo 31.1 establece os seguintes prazos e condicións:

Neste sentido, cómpre sinalar que, unha vez aprobado o Plan estratéxico da PAC de España para o período de programación 2023-2027, e coa finalidade de que se achegue, por parte das organizacións candidatas que foron xa seleccionadas, a documentación correspondente aos puntos H e I do anexo C das bases reguladoras, así como das normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local (en particular, o plan de xestión e criterios de selección aplicables), plan de seguimento e plan financeiro do gasto público previsto, cómpre publicar a resolución prevista no artigo 20.2 das bases reguladoras, que debe ditar a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural por delegación do Consello de Dirección. Polo tanto, esta resolución, tendo en conta o contido do citado plan estratéxico, pretende establecer as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución do programa Leader para o período 2023-2027, as regras para a elaboración das estratexias e os criterios de puntuación referidos aos territorios correspondentes ás estratexias de desenvolvemento local que sexan seleccionadas.

Actuacións de animación 2025 apoiadas polo programa Leader PEPAC 2023-2027

Expediente: 7119-23-2025/AN/8

Materiais promocionais no territorio “Mariñas-Betanzos”

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/7

Maratón ornitolóxica 2025

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/6

Especie do ano 2025

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/5

Actividades de promoción dos produtos agroalimentarios do territorio Mariñas-Betanzos

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/4

Actuacións divulgación para o fomento dos ecocomedores no territorio de Mariñas-Betanzos 2025

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/3

Actuacións de promoción e difusión do pan de Carral nos medios de comunicación

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/2

Actuacións de promoción e difusión da Medida Leader 2023-2027, para o seu lanzamento no ano 2025

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Expediente: 7119-23-2025/AN/1

Difusión do territorio Mariñas-Betanzos en feira de turismo-Fitur 2025

Promotor: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Descargas