Sostibilidade

Plan de Sostibilidade Turística Mariñas Coruñesas

O Plan de Sostibilidade Turística (PSTD) proposto pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, presenta uns obxectivos que pretenden transformar e mellorar a resiliencia deste territorio recoñecido pola UNESCO e conformado por 17 concellos como referente internacional no ámbito do Ecoturismo orientado as familias, con productos basados na natureza e neutros en carbono.
Este Plan vertébrase en catro eixos fundamentais: a transición verde e sostible, a mellora da eficiencia enerxética, a transición dixital e a competitividade.

Transición verde e sostible.

Identificación de residuos abandonados na zona costeira das Mariñas Coruñesas e estudo para atopar un novo uso ou reutilización.

Promover a economía circular (xestión da agua, residuos, mobiliario urbano, ruído ou iluminación)

Transformación das infraestructuras turísticas e mellora da cohesión interior do territorio.

Mellora da eficiencia enerxética.

Redución e mitigación da pegada de carbono do destino.

Instalación de puntos de recarga eléctrica en cada un dos concellos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

Mellora da conectividade e recuperación de Sendas Tradicionais e Ecoturísticas.

Transición dixital.

Formación en ferramentas dixitais e plataformas de xestión.

Creación de unha Plataforma Dixital para a participación cidadá e recopilación de incidencias.

Competitividade.

Adaptación de equipamentos e mellora da accesibilidade turística en lugares como as rías de Betanzos e O Burgo.

Potenciación do atractivo turístico dos Mercados de la Biosfera.