Trátase de levar a cabo unha serie de actuacións promocionais, co obxecto de promover os produtos alimentarios do territorio de Mariñas-Betanzos, facendo especial fincapé na promoción da caste vitícola “Branco Lexitimo”, variedade autóctona en fase de recuperación; estas accións están dirixidas á poboación local, da cidade da Coruña, ao sector da restauración, así como da Comunidade Autónoma, preferentemente co obxecto de dar a coñecer e promocionar un dos históricos e máis destacados produtos alimentarios do territorio de Mariñas-Betanzos, como é a variedade Branco Lexitimo e os caldos amparados pola IXP Viño da Terra de Betanzos.
Feira do Gastro Lexítimo no Concello de Paderne (4 – 5 xullo, 2026); Feira da Cebola Chata de Miño (2 agosto, 2026).

