Marco normativo
ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724C).
O obxecto desta Orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento administrativo MT724C) da concesión de axudas de acordo co anexo IV de criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en Reservas da Biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de MedioAmbiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4 de conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.
A súa finalidade é promover a conservación e a mellora da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas Reservas da Biosfera de Galicia.
Como entidades beneficiarias destas axudas contémplanse aos Órganos Xestores da Reservas de Biosfera de Galicia, as cales serán dedicadas a actuacións que estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes co Plan de Acción da Reserva de Biosfera.
Objetivos
De acordo coas directrices establecidas na Conferencia de Sevilla (1995), aprobadas por Resolución 28 C/2.4 da Conferencia Xeral da UNESCO, e o artigo 3do Marco Estatutario, os territorios declarados como Reserva de Biosfera deben contribuír á consecución de tres obxectivos básicos:
- Conservación das paisaxes, ecosistemas, especies e diversidade xenética.
- Desenvolvemento económico e humano sostible.
- Coñecemento científico e apoio loxístico, prestando atención a proxectos de demostración,de educación e capacitación sobre o medio ambiente e de investigación e observación permanente en relación con cuestións locais, rexionais, nacionais e mundiais de conservación e desenvolvemento sostible.
Coa proposta e desenvolvemento do proxecto “Actuacións de conservación, desenvolvemento sostible e apoio loxístico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2022-2023)”, preténdese promover a conservación e restauración dos ecosistemas e da súa biodiversidade, impulsar o desenvolvemento sustentable e mellorar o patrimonio cultural da Reserva deBiosfera.
Os obxectivos específicos son:
- Estudar os valores ambientais da Reserva de Biosfera.
- Analizar os problemas de conservación dos espazos.
- Manter os ecosistemas de importancia ambiental nun estado de conservación favorable e fomentara súa funcionalidade.
- Restaurar ecosistemas degradados.
- Conservar e mellorar a paisaxe.
- Mellorar a conectividade e fomentar a infraestrutura verde.
- Mellorar as infraestruturas de uso público.
- Formar e divulgar sobre os valores ambientais da Reserva de Biosfera.
- Impulsar o desenvolvemento de actividades sustentables e respectuosas coa natureza.
- Mellorar e poñer en valor o patrimonio cultural
Accións
1. Conservación e xestión da biodiversidade
- Recuperación ambiental e paisaxística con plantación de frondosas e charcas de biodiversidade en parcela do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
- Seguimento de flora, fauna e problemas ambientais nas áreas restauradas polo proxecto LIFE Fluvial.
- Retirada de especies exóticas invasoras con voluntariado na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre.
- Retirada de especies exóticas invasoras con voluntariado na ZEC Betanzos-Mandeo.
- Actuacións de control do cangrexo americano (Procambarus clarkii). Monitorización do seu impacto no Encorode Abegondo-Cecebre.
- Estudo para a mellora da conectividade litoral da Ría de Betanzos.
- Instalación e seguimento de refuxios de fauna útil en empresas agroalimentarias.
- Estudos de biodiversidade e impactos dos parques eólicos na Reserva de Biosfera.
- Apoio e seguimento ás empresas do territorio adheridas ao distintivo de calidade da Reserva de Biosfera.
- Redeseño do procedemento de control e certificación de empresas agroalimentarias da marca Reserva de Biosfera, mediante metodoloxía cuantificada e dixitalizada.
2. Mellora da gobernanza da Reserva de Biosfera
- Mellora das capacidade dos axentes locais relacionadas coas especies naturais do territorio. Especie do ano 2022 e 2023.
- Mellora das capacidade dos axentes locais relacionadas coas especies naturais do territorio.
- Curso de Ornitoloxía e Maratón Ornitolóxica 2022 e 2023.
- Participación da Reserva de Biosfera na Feira de Ciencia Open Science Cambre 2022 e 2023.
- Actividades de Educación Ambiental en Centros Escolares.
- Plan de Xestión da Reserva de Biosfera 2023-2032.
- Plan de Uso Público da Reserva de Biosfera.
3. Apoio a sustentabilidade do turismo apoio
- Acondicionamento exterior do Centro recepción de visitantes da Reserva de Biosfera.
- Acondicionamento tematizado do observatorio de aves de Crendes no Encoro de Abegondo-Cecebre.
- Sinalización da Ruta de Ecoturismo Cervexeiro.
- Sinalización da Ruta do Río Pelamios.
- Sinalización da Ruta Agroalimentaria da Reserva de Biosfera.
- Mellora da sinalización das entradas por estrada á Reserva de Biosfera.
- Audiovisuais divulgativos das actuación.
- Difusión en prensa e redes sociais das actuacións.