1. Restauración de infraestruturas antrópicas en estado de abandono
Neste proxecto rehabilitouse unha antiga torreta eléctrica que se atopaba abandonada, co obxectivo de que puidese funcionar como refuxio para fauna silvestre. Para iso, instaláronse caixas niño para aves, refuxios para quirópteros e un altillo para aves rapaces nocturnas.
Actualmente estase a facer seguimento da estrutura para avaliar a eficacia destas medidas. Ata o de agora, confirmouse a ocupación dalgunha caixa niño por ferreiriños, a presenza de morcegos, e algunha ave rapaz nocturna que se achegou a curiosear.
2. Apoio ao anelamento de corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
Durante o ano 2023, a Reserva colaborou co CEIDA e coa Sociedade Española de Ornitoloxía para dar continuidade aos traballos de anelamento do corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) no faro de Mera e na Costa de Dexo.
3. Seguimento da biodiversidade en explotacións da marca de calidade
4. Accións de voluntariado
No ano 2023 realizáronse accións de eliminación de especies exóticas invasoras no encoro de Abegondo-Cecebre (Robinia pseudoacacia, Acacia dealbata), así como recollidas de residuos nas praias do concello de Bergondo.