No ano 2025, a Reserva de Biosfera solicitou unhas axudas á Deputación da Coruña, centradas na conservación dunha zona núcleo moi degradada, o encoro de Abegondo-Cecebre, mediante a execución, principalmente, de dúas accións:
1. Translocación de macrófitas na contorna
Desde a chegada do cangrexo americano (Procambarus clarkii) ao noso territorio, esta especie foi sinalada como responsable de múltiples catástrofes ambientais neste espazo: reducción das poboacións de anfibios, aumento da turbidez da auga, depredación masiva sobre odonatos, ou a perda da vexetación de macrófitos, en moitas ocasións pola inercia ecolóxica que provocan as especies exóticas invasoras.
A través destas pequenas translocacións, pretendemos avaliar o efecto da depredación do cangrexo americano sobre estas macrófitas, así como o impacto que teñen as variacións do nivel da lámina de auga do encoro sobre a vexetación de ribeira.
2. Mantemento do bosque aluvial (91E0*)
Durante o proxecto LIFE FLUVIAL, levouse a cabo en Cecebre unha actuación de restauración de bosque aluvial nunha parcela previamente repoboada con piñeiros, mediante a eliminación destes e a plantación de especies autóctonas de ribeira como aveleiras, freixos, salgueiros e bidueiros.
Para controlar os rebrotes de piñeiro, toxo ou outras especies invasoras, realizaranse tratamentos silvícolas de mantemento.