Cooperación Leader (2026-2027)
| Grupo coordinador | Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos |
| Prazo de execución | 2026-2027 |
| Orzamento | 69.340,00.-€ |
| Axuda pública | 69.340,00.-€ |
| Cofinanciamento UE | 55.472,00.-€ |
Finalidade do proxecto
A demanda de comedores escolares sustentables e saudables é unha realidade emerxente que se conecta coa crecente preocupación social polas implicacións do sistema alimentario na saúde, a economía e o medio ambiente, e que cada vez está máis presente, especialmente trala sinatura do Pacto de Milán de política alimentaria urbana.
O entorno escolar é clave para estimular comportamentos e patróns alimentarios saudables en toda a poboación e nas diferentes clases sociais.
Por outra parte, a Comisión Europea adoptou a Estratexia “De la Granja a la Mesa”, que propón medidas para mellorar a dispoñibilidade e promover dietas saudables e sostibles nos servizos de restauración institucional con criterios mínimos obrigatorios na adquisición de alimentos.
A alimentación saudable e sostible constitúe unha prioridade no ámbito educativo e social, sendo fundamental para o desenvolvemento e benestar dos escolares. Neste contexto, a dieta mediterránea adquire unha relevancia especial, non só polos seus beneficios para a saúde, senón tamén polo seu recoñecemento como patrimonio cultural inmaterial da humanidade por la UNESCO.
Como resposta ao contexto exposto xorde o Real Decreto 315/2025, de 15 de abril, por el que se establecen normas de desarrollo de la Ley 17/2011, de 5 de julio, de seguridad alimentaria y nutrición, para el fomento de una alimentación saludable y sostenible en centros educativos (BOE nº92, do mércores 16 de abril de 2025).
O citado Real Decreto, aplicable aos centros educativos públicos, aos centros concertados e aos centros privados, que imparten educación infantil (2.º ciclo), primaria, educación especial, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou ciclos formativos de formación profesional de grado básico ou medio, establece uns criterios mínimos de calidade nutricional e sustentabilidade que deben observarse na contratación dos servizos e subministración relacionados coa oferta de alimentos e bebidas, así como nos requisitos aplicables á programación dos menús escolares.
Deste xeito, o capítulo II “Criterios nutricionais e de sustentabilidade para a contratación, adquisición e oferta de alimentos e bebidas en comedores escolares”, recolle, no seu artigo 4, entre outros, os seguintes criterios:
- a) A oferta de alimentos e bebidas en centros educativos estará composta, fundamentalmente, por alimentos frescos, de temporada e procedentes de canles curtas de distribución.
- b) Polo menos o 45% das racións de froitas e hortalizas que se oferten serán de temporada.
- c) Polo menos o 5% do total do custe de adquisición de alimentos ofertados serán de produción ecolóxica. Alternativamente, polo menos 2 pratos principais de comida ao mes serán de produto ecolóxico.
O Real Decreto 315/2025 entra en vigor de maneira paulatina a partir do 16 de abril de 2026 ata o 16 de abril de 2027.
Obxectivo xeral
Comedores Escolares Sustentables pretende escalar no traballo sementado polos anteriores proxectos de cooperación Leader “Alimentos da Biosfera (2021-2022)” e “Rede de EcoComedores (2022-2023)” co principal obxectivo da promoción e comercialización de alimentos locais cara comedores escolares na procura dun modelo alimentario responsable e integrado no desenvolvemento local.
Grupo coordinador
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (GDR23)

Grupos participantes
Asociación Seitura 22 (GDR24)

Asociación para o Desenvolvemento da Terra Chá (GDR02)

Asociación Terras de Miranda (GDR01)

Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais (GDR03)

Accións
- Acción 1: Asesoramento nutricional a centros escolares centrado na adaptación de menús ao produto local e de temporada, así como á xestión das cociñas pola entrada en vigor do Real Decreto 315/2025.
- Acción 2: Talleres teórico/prácticos de cociña.
- Acción 3: Xornada demostrativa “Coñece as túas hortas” no GDR23 Mariñas-Betanzos.
- Acción 4: Xornada demostrativa “Coñece as túas hortas” no GDR24 Seitura22.
- Acción 5: Xornada demostrativa “Coñece as túas hortas” no GDR02 Terra Chá.
- Acción 6: Xornada demostrativa “Coñece as túas hortas” no GDR01 Terras de Miranda.
- Acción 7: Xornada demostrativa “Coñece as túas hortas” no GDR03 Montes e Vales Orientais.
- Acción 8: Elaboración de Guía para centros escolares.
- Acción 9: Impresión de Guía para centros escolares.
- Acción 10: Libro / Cómic infantil.
- Acción 11: Materiais divulgativos e educativos.
