Cooperacion Leader (2025-2026)
Obxectivo xeral: O proxecto busca impulsar os Obxectivos e Liñas da Infraestrutura Verde de Galicia indicados anteriormente, deseñando e difundindo os principais valores destas Áreas Protexidas da Rede Natura 2000 no ámbito dos tres GDR participantes (GDR23 Mariñas-Betanzos como coordinador, GDR24 Seitura22 e GDR2 Terra Chá) que forman parte deste proxecto de cooperación, e que presentan unha continuidade territorial.
Obxectivos específicos: mellorar o acceso á información sobre os principais elementos que forman parte das Áreas da Rede Natura enmarcadas no proxecto; xerar oportunidades para o intercambio de información e experiencias; promover actividades de información, difusión, sensibilización e educación; desenvolver programas de educación ambiental para o desenvolvemento sostible, con especial énfase na incorporación de materiais informativos nos diferentes centros de interpretación das áreas protexidas.
Dentro deste proxecto forman parte os seguintes GDRs:
- GDR Mariñas-Betanzos (Grupo coordinador)
- GDR Seitura 22
- GDR Terra Chá
Orzamento aceptado | 27.600,00 € | |||
|---|---|---|---|---|
% Axuda | 90% | |||
Importe da axuda | 27.600,00 € | Distribución de fondos | ||
FEADER | 80 % | 22.080,00 € | ||
XUNTA | 14 % | 3.864,00 € | ||
AXE | 6 % | 1.656,00 € | ||