Ecoturismo

Destino Startlight

A Reserva De Biosfera Mariñas Coruñesas foi recoñecida como Destino Turístico Starlight pola Fundación Starlight, un selo que certifica a calidade dos ceos nocturnos para a observación astronómica e a protección fronte á contaminación lumínica. Este recoñecemento destaca a nosa contorna como un espazo privilexiado para o astroturismo, permitindo aos visitantes gozar dunha experiencia única baixo os céus estrelados de Galicia.

A través de actividades guiadas por monitores certificados, as persoas que nos visitan poden contemplar constelacións, planetas e outros corpos celestes con equipos profesionais como telescopios. Estas experiencias tamén se poden combinar con gastronomía local nos restaurantes certificados da zona e aloxamentos sostibles, creando unha inmersión completa na natureza e cultura do territorio. Este proxecto destaca pola súa aposta pola sostibilidade, a educación ambiental e a promoción do patrimonio natural e cultural da Reserva.

Outros proxectos de Ecoturismo:

rede_eco

Ecoturismo

Rede eco de recarga 

rede_centros

Ecoturismo

Rede de Centros da Biosfera

empresas

Ecoturismo

Empresas certificadas

CCT

Ecoturismo

Destino SICTED​

soy_ecoturista

Ecoturismo

Destino Ecoturismo

Asociacion_ecoturismo

Ecoturismo

A asociación de Ecoturismo

xeodestino

Ecoturismo

Xeodestino A Coruña e as Mariñas