O proxecto busca promover a incorporación de centros educativos á Rede EcoComedores, co obxectivo de adaptar os seus menús ás novas recomendacións sanitarias. Para iso, fomentarase este cambio e brindarase apoio técnico para equilibrar os menús e incluír produtos locais, de tempada e ecolóxicos.
Con este proxecto, tamén se promoverán os produtos locais, fomentando o consumo en circuitos curtos e contribuíndo á mitigación do cambio climático, xa que se reducirá a pegada ecolóxica dos alimentos e impulsarase a economía local, fortalecendo a capacidade produtiva dos pequenos produtores, xeralmente mozos de recente incorporación.
Dentro deste proxecto os socios foron:
- Asociación Mariñas-Betanzos (Grupo coordinador)
- Asociación Seitura 22
- Asociación Ulla-Tambre-Mandeo
- Asociación Terras de Miranda
- Asociación Terra Chá
- Asociación Comarca de Lugo
- Asociación Montes e Vales Orientais
- Asociación Limia Arnoia
- Asociación Miño-Ulla
- Asociación Condado-Paradanta
- Asociación Galicia Suroeste Eu-Rural