Cooperación Leader (2026-2027)
| Grupo coordinador | Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos |
| Prazo de execución | 2026-2027 |
| Orzamento | 43.520,00.-€ |
| Axuda pública | 43.520,00.-€ |
| Cofinanciamento UE | 34.816,00.-€ |
Finalidade do proxecto
A Estratexia da Unión Europea sobre biodiversidade para 2030, aprobada en 2020, recoñeceu e reforzou o desenvolvemento da Infraestrutura verde como unha das ferramentas principais para o logro dos obxectivos ambientais da UE, algo que tamén se enmarca na Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable.
A Visión de Futuro prevista na Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e Conectividade e a Restauración Ecolóxica exponse en coherencia coa Estratexia da Unión Europea e do Estado, así como como o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e a Estratexia da Unión Europea sobre a Biodiversidade para 2030, fixando o horizonte temporal para o cumprimento dos seus obxectivos e metas en 2050. Nesa data habería que enmarcar o cumprimento das Estratexias europea, española e galega nun escenario onde os factores adversos de orixe foron eliminados ou minimizados ata un valor próximo, ademais de garantir un estado de conservación favorable dos hábitats e especies endémicas, raras e ameazadas, e especialmente as que teñen un estado de protección.
Segundo esta Estratexia, a consolidación da Infraestrutura Verde en Galicia debe apoiarse en distintas Metas: a restauración dos ecosistemas alterados ou degradados, a aplicación de solucións baseadas na natureza, a integración de políticas sectores estratéxicos, planificación e organización territorial dos elementos clave para a Infraestrutura Verde a diferentes escalas (local, metropolitana, comarcal, rexional e nacional), a implantación de modelos de goberno que garantan a coordinación interadministrativa e interterritorial, plena integración da Infraestrutura Verde nos procesos de avaliación ambiental de plans, programas e proxectos sobre o territorio, e concienciación social, compromiso e corresponsabilidade dos actores estratéxicos.
Dentro desta Estratexia Galega se identifica como Meta 3: Manter e mellorar a provisión de servizos dos ecosistemas dos elementos da Infraestrutura Verde.
Deste xeito, dentro das metas recollidas no documento da Infraestrutura Verde de Galicia, o presente proxecto de cooperación Leader amosa correspondencia coas seguintes liñas:
- A Liña 03 da Meta 3, avaliar o estado de conservación, xestionar adecuadamente e, no seu caso, restaurar os ecosistemas e os seus servizos asociados, clave para a Infraestrutura Verde.
- A Liña 02 da Meta 0, sinala como prioritaria a conservación destes espazos a fin de manter a conectividade dos hábitats naturais e seminaturais presentes.
- A liña 06 da Meta 4, sinala a necesidade de mellorar os coñecementos sobre as opcións de mitigación e adaptación ao cambio climático na xestión dos ecosistemas e a súa restauración, así como sobre solucións baseadas na natureza.
- A Meta 5 busca garantir a coherencia territorial da Infraestrutura Verde mediante a definición dun modelo de gobernanza que asegure a coordinación entre as diferentes escalas administrativas e institucións implicadas.
- Liña 02; impulsar e asegurar a continuidade territorial a escala estatal, rexional e local no desenvolvemento da Infraestrutura Verde.
- Liña 03; establecer mecanismos de cooperación eficaces entre a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e as entidades locais para o desenvolvemento coordinado da Infraestrutura Verde a distintas escalas.
- Finalmente, a Meta 7 está destinada a asegurar a adecuada comunicación, educación e participación dos grupos de interese e a sociedade no desenvolvemento da Infraestrutura Verde. Así, a Liña 7.01 está dirixida a crear e fortalecer de forma continua a información sobre a Infraestrutura Verde, a súa calidade e o acceso á mesma; e a Liña 7.02 céntrase en dispor e asegurar no tempo ferramentas para a sensibilización e formación específica dirixida aos distintos perfiles de profesionais e público en xeral.
Obxectivo xeral
O proxecto busca avanzar nas Metas e Liñas da Infraestrutura Verde de Galicia sinaladas no punto anterior, mediante a elaboración de unhas pautas dirixidas os municipios rurais con menos recursos que utilizan brigadas forestais sen formación, destinadas a mellorar a xestión de zonas verdes e zonas seminaturais, asegurando unha boa xestión e identificando elementos de Infraestrutura Verde que permitan a súa conservación. Realizarase no ámbito dos tres GDR participantes que forman parte do presente proxecto de cooperación, os cales presentan unha continuidade territorial entre os seus territorios.
Grupo coordinador
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (GDR23)

Grupos participantes
Asociación Seitura 22 (GDR24)

Asociación para o Desenvolvemento da Terra Chá (GDR2)

Accións
- Acción 1: Elaboración, deseño e maquetación Guía/Manual para Concellos dirixida á prácticas responsables na xestión de espazos verdes, con especial indicencia nas áreas Natura 2000.
- Acción 2: Xornadas Fomento da Biodiversidade (especie do ano “Mariñas-Betanzos” 2026 + 2027).
- Acción 3: Xornadas Fomento da Biodiversidade (sebes e apicultura) en Terra Chá 2026+2027.
- Acción 4: Xornadas/Actuacións Fomento da Biodiversidade en Seitura 2026+2027.
- Acción 5: Actuacións Fomento da Biodiversidade Mariñas Betanzos.
- Acción 6: Actuacións Fomento da Biodiversidade en Terra Chá.
- Acción 7: Impresión guía/manual concellos.
- Acción 8: Xornada común de Presentación guía.
