TERRACTIVA é un grupo operativo que buscou mellorar as capacidades técnicas e xerar recursos para optimizar o apoio ás novas persoas participantes no proceso de incorporación ao sector agrario.
Segundo a Comisión Europea, España necesita redobrar esforzos para reducir os obstáculos no sector agrario. Os resultados deste proxecto son de utilidade directa para as entidades e profesionais que acompañan aos novos participantes, como facilitadores e asesores durante o proceso de instalación (cooperativas agrarias, grupos de desenvolvemento rural, técnicos de emprego, oficinas rexionais de agricultura, etc.).
En concreto, elaboráronse directrices e un inventario de recursos legais, financeiros e técnicos para guiar ás persoas que se incorporan ao sector agrario no acceso á terra, incluíndo unha plataforma web SIG con funcionalidades para buscar terras dispoñibles e facilitar a intermediación a nivel local.
Ademais, definiranse itinerarios estándar de incorporación, cunha guía de acción e un inventario de recursos dispoñibles para que as entidades de apoio poidan acompañar de maneira integral ás novas persoas incorporadas.
O proxecto centrarase nos modelos agroecolóxicos de horta e avicultura artesanal, producións con alto potencial de crecemento en Galicia, contribuíndo así á súa sustentabilidade e diversificación, no marco da estratexia “Da Granxa á Mesa” e do futuro Plan Estratéxico da PAC.
Forman parte deste proxecto:
- EFA Fonteboa (entidade coordinadora)
- Universidade de Santiago de Compostela
- Fundación Juana de Vega
- Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas
- Cooperativa HORSAL
Para acceder ao visor SIG do territorio das Mariñas ou ás guías de recursos, podes visitar: https://cultivanasmarinas.gal/