Medio Ambiente

Interreg Sudoe ECOSPHEREWINES

O proxecto europeo ECOSPHEREWINES (2024-2026) céntrase na mellora das paisaxes vencelladas á viticultura, un recurso económico e turístico esencial no espazo SUDOE, especialmente nos territorios do interior afectados pola despoboación e o envellecemento da poboación. Nestes territorios, a preservación do capital natural e ambiental é crucial para as comunidades rurais, xa que constitúe unha fonte de riqueza.

O obxectivo deste proxecto é mellorar os servizos ecosistémicos que proporcionan as paisaxes agrícolas vitícolas mediante a implementación dunha rede de infraestrutura verde en zonas de alto valor ecolóxico. Esta estratexia céntrase na conservación e xestión sostible, a mellora da biodiversidade e o incremento da resiliencia fronte ao cambio climático.

Para acadalo, o proxecto:

Os resultados servirán de guía para a planificación futura e ampliaranse ao conxunto da Península Ibérica e ao sur de Francia, impulsando o desenvolvemento rural a través da mellora da biodiversidade, o turismo e a saúde ambiental.

As zonas piloto onde se está a implementar infraestrutura verde inclúen:

No caso de Galicia, o campo experimental sitúase en Betanzos, A Coruña, nun viñedo propiedade da adega Pagos de Brigante S.L. O viñedo de Betanzos acadou o seu máximo esplendor a finais do século XVIII, cunha superficie aproximada de 1.100 hectáreas. Porén, experimentou un declive significativo no século XIX debido á aparición de diversas enfermidades devastadoras da vide, como o oídio, o míldio velloso e a filoxera. A mediados do século XX, a superficie de viñedo reducírase a tan só 117 hectáreas. Como consecuencia deste abandono, gran parte do terreo foi reforestado con eucaliptos para a produción de madeira.

Na actualidade, varias pequenas adegas, entre elas Pagos de Brigante S.L., traballan activamente para revitalizar a viticultura tradicional na rexión. No marco do proxecto ECOSPHEREWINES, estanse a implementar e experimentar diversas prácticas ambientalmente sostibles, entre as que se inclúen:

Este proxecto está formado polos seguintes socios:

Outros proxectos de Medio Ambiente:

actuacion_biodiversidade

Medio Ambiente

Actuacións de conservación, desenvolvemento sostible e apoio loxístico da Reserva De Biosfera Mariñas Coruñesas E Terras Do Mandeo (2022-2023)

guia

Medio Ambiente

Conectando Biodiversidade II

Cooperacion Leader (2025-2026)

ilustracion_biodiversidade_2

Medio Ambiente

Conectando biodiversidade

DepCoruna

Medio Ambiente

Axudas da deputación da Coruña para entidades ambientais (ano 2023)

life_water_way

Medio Ambiente

Life Global

Estratexia trasnacional para a restauración de zonas Red Natura 2000.

Reserva_Biosfera_2000_50011

Medio Ambiente

Axudas da diputación da Coruña para entidades ambientais (ano 2025)

life_water_way

Medio Ambiente

Life Water Way

Desarrollaráse unha estratexia que permita recuperar as fontes naturais como solución de micro-abastecemento en áreas onde non chegan as redes centralizadas de augas de consumo.

life_fluvial

Medio Ambiente

Life Fluvial

Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica