COOPERACIÓN LEADER (2022-2023)
Viños da IXP Galega é un proxecto cooperativo dos Grupos de Desenvolvemento Rural, no que colaboran adegas das cinco Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) que producen viños en Galicia. Este proxecto busca promover o sector vitivinícola de cada unha das IXP mediante o establecemento de canais de comunicación e cooperación entre elas e, ao mesmo tempo, promover o coñecemento, tanto dentro como fóra das súas rexións, dos produtos elaborados polas adegas, así como dos recursos enoturísticos que as rodean. Este proxecto foi desenvolvido por seis Grupos de Desenvolvemento Rural:- GDR-15 Pontevedra-Morrazo (Coordinador)
- GDR-03 Montes e Vales orientais
- GDR-18 DELOA
- GDR23 Mariñas-Betanzos
- GDR-11 Comarca de Ourense
- GDR-17 Salnés-Ulla-Umia
Para máis información podes visitar a páxina web: https://xn--vios-hqa.ixp.gal/gl
Orzamento aceptado | 159.000,00 € | |||
|---|---|---|---|---|
% Axuda | 90% | |||
Importe da axuda | 143.100,00 € | Distribución de fondos | ||
FEADER | 75% | 107.325,00 € | ||
MARM | 2,5% | 3.577,50 € | ||
AGADER | 22,5% | 32.197,50 € | ||