Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica [LIFE16 NAT/ES/000771]
Obxectivos
O obxectivo xeral do proxecto LIFE FLUVIAL é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias bacías fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). Neste ámbito, factores de ameaza como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, xeran o deterioro e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.
Para alcanzar o obxectivo xeral propóñense obxectivos específicos encamiñados a combater a degradación dos hábitats:
- Desenvolvemento dun modelo transnacional de xestión sostible de corredores fluviais para a mellora do seu estado de conservación, mediante a restauración da composición, estrutura e funcionalidade dos seus tipos de hábitats de interese comunitario, a mellora da conectividade e a redución da fragmentación.
- Control de flora exótica e invasora.
- Eliminación de plantacións de especies alóctonas.
- Plantación de especies autóctonas características dos bosques de ribeira (hábitat prioritario 91E0*) e de carballeiras (hábitat 9230).
- Mellora do estado fitosanitario dos corredores fluviais, mediante a retirada parcial de árbores mortas.
- Difusión dos valores naturais, beneficios socioeconómicos e servizos ecosistémicos prestados polos corredores fluviais.
- Mellora da formación e capacitación técnica dos axentes implicados na xestión e conservación dos corredores fluviais.
Partenariado
A proposta se presenta como o resultado da colaboración entre 8 organismos públicos, empresas e asociacións:
- INDUROT-Universidade de Oviedo.
- IBADER-Universidade de Santiago de Compostela.
- ISA-Universidade de Lisboa.
- Asociación InterEo.
- Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
- Concello de Ribadeo.
- Empresa Municipal de Augas de A Coruña (EMALCSA).
- Empresa de Transformación Agraria SA (TRAGSA).
Período de execución
Inicio: 1 de setembro de 2017
Finalización: 31 de agosto de 2021
Orzamento
3.032.223 € (Cofinanciación da UE: 75%)
Accións
As accións a implementar durante o proxecto serán:
Accións preparatorias
Avaliación previa dos enclaves de actuación e planificación técnica das accións.
- Diagnóstico e análise territorial da área do proxecto, con indicadores de xestión e seguimento.
- 10 proxectos técnicos para a execución das acciones concretas de conservación e un plan de continxencia do proxecto.
Adquisición de terreos
- Adquisición de terreos lindeiros coa ribeira fluvioestuarina no concello de Ribadeo (Galicia), coa finalidade de naturalizar ditos terreos mediante a eliminación do eucalipto e a restauración dos hábitats naturais.
- Adquisición de 33 parcelas (44 .579 m2) para a súa restauración a bosque autóctono (91E0* y 9230).
Accións de conservación
Defínense 8 accións de conservación en tramos altos, medios e baixos de distintas bacías fluviais de 9 espazos Natura 2000 de España e Portugal, para a mellora do estado de conservación dos corredores fluviais. As tarefas incluídas nestas accións son: control de especies invasoras, eliminación de ameneiros mortos, restauración de cuberta vexetal natural.
As accións de conservación realizaranse en 55.5 ha.
- Incremento de 7,1 ha e mellora de 3,7 ha de bosques aluviais (91E0*) nos 14 km do tramo final do Río Eo (ZEC Río Eo-Galicia ES1120002, ZEC Río Eo-Asturias ES1200023, ZEC e ZEPA Ría do Eo ES1200016, ZEPA Ribadeo ES0000085).
- Incremento de 4,4 ha do hábitat 9230 en ZEC Río Eo-Galicia (ES1120002) e ZEPA Ribadeo (ES0000085).
- Incremento de 1,5 ha e mellora de 8,7 ha de bosques aluviais (91E0*) ao longo de 56 km do tramo medio do Río Eo (ZEC Río Eo-Galicia ES1120002, ZEC Río Eo-Asturias ES1200023 e ZEPA Ribadeo ES0000085).
- Incremento de 0,5 ha e mellora de 0,1 ha de bosques húmidos (91E0*) no entorno das zonas húmidas de Arnao e Villadún, na ZEC/ZEPA Ría do Eo ES1200016.
- Restauración de 2,1 ha de bosques aluviais (91E0*) na Ría de Betanzos (ZEC Betanzos-Mandeo ES1110007).
- Recuperación e xestión sostible de 8,6 ha do hábitat 91E0* na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre ES1110004.
- Mellora do estado de conservación de 9,8 ha de bosques aluviais (91E0* ) en 4 enclaves (Río Miño-Lugo, Río Miño-Rábade, Guitiriz e Lagoa do Rei) na bacía alta do río Miño (ZEC Parga-Ladra-Támoga ES1120003).
- Mellora do estado de conservación de 9,0 ha do hábitat 91E0* no corredor fluvial do río Estorãos (LIC Río Lima, PTCON0020).
Accións de monitorización
Accións de seguimento para medir o impacto do proxecto sobre os hábitats obxectivo, para avaliar o impacto socioeconómico do proxecto, para valorar o impacto do proxecto sobre as funcións ecosistémicas, así como para analizar o progreso do proxecto.
- Metodoloxías de avaliación e indicadores de seguimento do impacto do proxecto sobre o estado de conservación dos hábitats, sobre a economía e benestar da poboación (especialmente a local) e sobre funcións ecosistémicas. Criterios para a transferibilidade a outras zonas.
- Avaliación de indicadores de impacto do proxecto.
- Indicadores custe-efectividade e custe-beneficio do proxecto que demostren o interese económico e social das medidas de conservación dos corredores fluviais, e propicien a replicabilidade deste tipo de solucións en contextos similares.
Sensibilización pública e difusión dos resultados
Estas accións inclúen o desenvolvemento dun Plan de Comunicación, deseño, elaboración e instalación de materiais e equipamentos informativos, didácticos e de sensibilización, deseño e implementación dun programa de sensibilización e difusión, edición dun boletín electrónico informativo, posta en marcha de páxina web e establecemento de relacións con outros proxectos de temática similar.
Entre as diferentes accións de restauración propostas, o proxecto presenta unha estratexia integral de eliminación das especies de flora exótica e invasora como unha das actuacións máis necesarias, posto que a presenza de flora invasora representa unha das meirandes ameazas dos corredores fluviais na Rexión Atlántica na actualidade. Debido a isto, o proxecto inclúe tamén unha serie de actuacións de sensibilización e difusión sobre a ameaza que estas especies representan para os ambientes fluviais, especialmente para o hábitat prioritario 91E0*.
Deixámosche un documento para que poidas ver os proxectos que se desenvolveron, como a publicación do libro ” Os Bolechas van polo río”.

OS BOLECHAS VAN POLO RÍO
Versión en galego

OS BOLECHAS VAN POR EL RÍO
Versión en castellano
Funcionamento e seguimento do proxecto
Abarca o conxunto de tarefas de xestión e coordinación do proxecto, incluíndo o proceso de auditoría, así como o deseño dun Plan de Conservación post-LIFE.
Aquí podes ver os boletíns:
Accións de conservación na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
C4. RESTAURACIÓN DE HÁBITATS NATURAIS NO CORREDOR FLUVIOESTUARINO DA RÍA DE BETANZOS (ZEC BETANZOS-MANDEO ES111007)
C5. XESTIÓN SOSTIBLE DOS BOSQUES HIGRÓFILOS (ZEC ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE ES1110004)