A Rede de Centros da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, achega novos recursos, diversifica as temáticas e implementa as accións comúns de información, comunicación e divulgación dos recursos e centros de interese da Reserva. O traballo en Rede fortalece as relacións entre os distintos lugares do territorio, promove o análise temático de cada centro enfatizando o seu papel distintivo e único de cada lugar e pon en práctica a aplicación de novos modelos de Desenvolvemento Sostible poñendo especial énfase nas poboacións locais.