A Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", grazas ao apoio da Consellería do Mar a través do GALP Golfo Ártabro Sur, está a desenvolver un proxecto para a mellora da gobernanza da Ría de Betanzos, para o cal nos gustaría contar coa colaboración de asociacións, empresas, axentes do territorio vinculados á ría, concellos e cidadanía en xeral.
O obxectivo desta enquisa é identificar os problemas e necesidades, así como formular posibles solucións no eido turístico, ambiental, deportivo, recreativo, pesqueiro e marisqueiro. A finalidade é definir os retos de futuro para a ría, apostando sempre por un modelo de sustentabilidade e de cooperación, tendo en conta desde o primeiro momento con toda a cidadanía e os axentes do territorio.
PARTICIPA!!
ACCESO ENQUISA DO FORO DE GOBERNANZA DA RÍA DE BETANZOS: https://bit.ly/3zPHEc9
Proxecto financiado pola Consellería do Mar a través do GALP Golfo Ártabro Sur.