Volver a noticias

Andaina e teatro para concienciar contra a violencia de xénero

14/1/2022

O sábado 13 desenvolverase unha andaina simultaneamente en todos os Grupos de Desenvolvemento Rural. Abegondo, 9 de novembro de 2021 O xoves 25 de novembro conmemórase o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller. Os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural ( GDR) de Galicia uníronse para realizar actos que visibilicen unha mensaxe rotunda: “Ou rural, contra violencia de xénero”. No GDR Mariñas – Betanzos as actividades propostas son dúas: a representación dunha obra de teatro e unha andaina. En ambos os casos Betanzos acolle as citas.

A proposta de AGADER, axencia dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Secretaría Xeral para a Igualdade e a Axencia de Turismo de Galicia, os 24 GDRs galegos levarán a cabo unha serie de actos simbólicos buscando a eliminación da violencia de xénero da nosa sociedade. Un dos obxectivos destas accións é darlle visibilidade ás mulleres que residen en poboacións rurais galegas.

No GDR Mariñas – Betanzos as actividades arrincan o vindeiro xoves 11 de novembro ás 18.30 horas coa representación de ‘ As fillas bravas de Moman’ por parte da compañía de teatro Chévere. A aula de Cultura Xulio Cuns albergará a proposta cultural. O acceso é gratuíto ata completar aforo, tendo que facilitarse os datos habituais neste tipo de eventos culturais para a trazabilidad das persoas asistentes para previr o contaxio do COVID-19. As portas abriranse 30 minutos antes da función.

Explican desde a compañía teatral que con esta peza, “Chévere explora as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros. Nesa liña de traballo, ‘ As fillas bravas’ veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, ligados a expresións culturais tradicionais que esconden berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados”.

Andaina o sábado polo Camiño Inglés

O sábado 13 de novembro realizarase unha andaina simultaneamente nos 24 GDRs galegos mostrando a unión do rural en repulsa á violencia de xénero. No caso de Mariñas -Betanzos o traxecto desenvolverase polo Camiño Inglés unindo ao Iglesia de San Martiño de Tiobre e a praza da Constitución en Betanzos. Para esta actividade está aberta a inscrición nesta dirección: https:// forms. gle/ k5 Qfnnp4D9 iakmdL6.

Citouse ás persoas participantes ás 11:30 horas para a repartición de agasallos antes de iniciar o percorrido. Calcúlase que a chegada será sobre as 13:00 horas. #Ante o concello brigantino sacarase unha foto de grupo e lerase un manifesto común para todas as andainas que percorrerán Galicia.

Estas actividades están organizadas polo GDR Mariñas – Betanzos dentro dun proxecto contra a Violencia de Xénero que coordina AGADER cos 24 GDR’s, e que conta coa financiación da Xunta de Galicia, a través do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Emprego e Igualdade, froito do Pacto de Estado en Contra da Violencia de Xénero.