Persoal

BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O POSTO DE TÉCNICO/A, DENTRO DO PROXECTO DE ACTUACIÓNS PARA A CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS, DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E APOIO LOXÍSTICO NA RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”, DEPENDENTE DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS - BETANZOS.

A Asociación de Desenvolvemento Rural MARIÑAS-BETANZOS (Asociación Mariñas-
Betanzos, en adiante), constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, co obxectivo de vertebrar actuacións comúns e coordinadas a nivel supramunicipal que contribúan ó desenvolvemento integral do territorio de actuación, á mellora da calidade de vida dos seus habitantes e á creación de emprego e riqueza no territorio, sempre garantindo a sustentabilidade das diferentes actividades.

Dende o ano 2013 é a entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que está localizada ao noroeste de Galicia e integrada polos municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” aprobou o seu Plan de Xestión (2013-2022) e ten estado desenvolvendo actividades durante esta década.

No ano 2022 se aprobaron as Bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas de biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GeneratioEU, para os anos 2022-2023.

A finalidade desta Convocatoria é promover a conservación e a xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural das reservas de biosfera. A Asociación Mariñas-Betanzos presentou o proxecto “Actuacións de conservación de ecosistemas, desenvolvemento sostible e apoio loxístico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2022-2023)”, coa finalidade de avanzar nas actuacións recollidas no Plan de Xestión da Reserva (2013-2022).

Coa previsión da posible aprobación deste proxecto, e coa intención de apoiar no desenvolvemento das actuacións recollidas nel, convócase unha praza de técnico/a para traballar especialmente nas accións dirixidas á elaboración da análise dos impactos dos parques eólicos no territorio; análise da conectividade litoral; a organización e desenvolvemento de actividades de educación ambiental nos centros escolares e de voluntariado; así como o apoio ás empresas adheridas á Marca da Reserva de Biosfera, incluíndo o apoio a súa comercialización en circuítos cortos.


Publicación en prensa o día 28 de xullo de 2022

Fin de prazo presentación solicitudes: 11 de agosto

CONVOCATORIA Á PROBA ESCRITA (A) :
Aprobada a Listaxe de persoas admitidas, convócanse a estas persoas para a realización da proba de coñecemento escrita _A_ tipo test, para o martes,día 24 de Xaneiro, ás 10:00 horas, na Aula Multimedia do Concello de Abegondo (Rúa San Marcos, s/n, Abegondo), provistos de DNI ou documento probatorio de identidade.

Bases tecnico Plan XestiónLista provisoria de persoas admitidasConvocatoria á proba de coñemento escrita