Durante o ano 2014 desenvolveuse un proceso participativo de deseño dun logotipo que servise como posible imaxe da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Dito proceso foi aberto á participación de toda persoa física, presentándose un total de 44 propostas entre as que, unha vez valoradas por un xurado, foron seleccionadas e premiadas as tres que acadaron as puntuacións máis elevadas.
Estas tres propostas gañadoras, que se inclúen como ANEXO I ás bases de convocatoria, deberán servir como fonte de inspiración para a creación do logotipo definitivo.
Esta convocatoria ten por obxecto:
Contía económica: 2.950 euros
Prazo de recepción de propostas: venres 6 de febreiro de 2015
Os traballos se entregarán en soporte dixital, como mínimo nos formatos PDF e JPEG. Opcionalmente poderase facer tamén a entrega complementaria dos traballos en formato papel.
PREME NO SEGUINTE ENLACE PARA DESCARGAR AS BASES: