Volver a noticias

SEMINARIO “ECO-COMEDORES DA BIOSFERA: FERRAMENTA PARA UN CAMBIO SOCIAL E MITIGAR O CAMBIO CLIMÁTICO”

14/1/2022

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, se está traballando co obxectivo de consolidar o Programa de Eco-Comedores escolares (http://marinasbetanzos.gal/plan-alimentario/consumo-ecoloxico-nos-centros-escolares/), no que conseguindo alinear as necesidades dos centros educativos e o traballo dos produtores agrarios locais.

Na actualidade se está dando un novo impulso a este Programa, iniciado no ano 2014, a través do proxecto “Eco-Comedores da Biosfera: ferramenta para un cambio social, animando o consumo de produtos ecolóxicos de temporada e proximidade en centros escolares” (2021-2023), e que conta co apoio da Fundación Carasso (https://www.fondationcarasso.org/es/), e o cofinanciamento da Medida Leader.

“Eco-Comedores da Biosfera” pretende afianzar e escalar o traballo iniciado co deseño do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, orientado a promover a produción e comercialización de alimentos locais.

Con este proxecto búscase analizar a situación actual e establecer accións de mellora, tanto para a produción e loxística, como para as escolas, buscando consolidar esta iniciativa.

O vindeiro luns 28 de xuño desenvolverase o Seminario “Eco-Comedores da Biosfera: ferramenta para un cambio social e mitigar o cambio climático”, que terá lugar na Aula Multimedia do Concello de Abegondo (A Coruña), de forma presencial e tamén se poderá seguir de modo “online” a través través do Canal de Youtube da Reserva de Biosfera MCeTM: https://www.youtube.com/watch?v=kjlz_7IUGKg

Máis información sobre esta actividade: 981 669 541 – diego.miranda.b@marinasbetanzos.gal