PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
MEDIO AMBIENTE

A biodiversidade na Reserva

BIODIVERSIDADE

Ata a actualidade identificáronse no planeta preto de dous millóns de especies e estímase que o total existente podería chegar a dez millóns.

Toda esta riqueza de seres vivos que habitan o planeta podería definir de maneira sinxela o concepto de Biodiversidade. O conxunto de todos os ambientes ou paisaxes que a conforman e onde se desenvolve a vida chámase Biosfera.

Ambos conceptos son parellos e dependentes un do outro, polo que a súa permanencia no tempo depende da conservación do seu conxunto. Nas Reserva de Biosfera ponse a atención sobre ambos conceptos, polo que o desenvolvemento económico que se acade nelas, será sen menoscabo da conservación da biodiversidade existente.

RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

As Reservas de Biosfera, instauradas polo Programa MAB (Home e Biosfera) da UNESCO no ano 1974, son na actualidade unha rede de espazos onde a conservación do patrimonio cultural e os valores naturais van da man co desenvolvemento económico e social, sendo a poboación local o eixo vertebrador das mesmas.

As Reservas de Biosfera son unha oportunidade clara para a aprendizaxe e a experimentación, na busca de construír un futuro partindo da nosa historia compartida e onde a sostibilidade adquire un papel protagonista, resultando imprescindible a colaboración dos diferentes axentes das comunidades locais, científicas e de investigación.

PROXECTO “BIODIVERSIDADE NA RESERVA DE BIOSFERA MCeTM: Identificación e seguimento de especies”

Dende o punto de vista da investigación científica, unha das recomendacións formuladas pola UNESCO, é a de establecer un sistema funcional de xestión e de observación permanente dos procesos socioeconómicos que se desenvolven nas Reservas. Polo tanto, a investigación e a aplicación dos coñecementos científicos conforman os piares na xestión das Reservas de Biosfera.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos promove o proxecto “Biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Identificación e seguimeto de especies”, sendo o obxectivo principal do mesmo animar e facilitar a participación da poboación en xeral, e especificamente da poboación da Reserva, no proceso de recollida de datos e análise do estado da biodiversidade e o impacto das especies invasoras no territorio no territorio.

Para facer do proxecto unha realidade, foi necesaria a colaboración da Fundación FECYT, a través das axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación do ano 2014 (FCT-14-8880), de AGADER e as Axudas do Programa LEADER Galicia 2007-2013, e da Deputación Provincial da Coruña, dentro do Programa FOENNA.



ACCIÓNS

OBXECTIVOS

Dar a coñecer o papel que desempeña a Reserva e a investigación científica na mellora ambiental do noso entorno.

Incrementar os coñecementos e a comprensión por parte da poboación dos beneficios e os impactos en materia de investigación.

Promover a participación e o empoderamento da poboación, a través da implicación no estudo dos recursos naturais e a súa xestión.

Concienciar á poboación sobre a importancia e o respeto ao medio ambiente e a problemática das especies exóticas invasoras na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.


ESCOLA DE NATURALISTAS NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Comprácenos anunciarvos o comezo do prazo de inscrición para a primeira promoción da Escola de Naturalistas na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (rbMCeTM).

Escola de naturalistas é unha actividade única no ámbito de formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade galega. Nesta nova iniciativa, pretendese poñer en valor e amosar a riqueza biolóxica da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ao público interesado en aumentar os seus coñecementos da zona.

A actividade transcorrerá dende abril ata novembro de 2016, en 8 bloques (ornitoloxía, mastozooloxía, botánica, entomoloxía, herpetoloxía, odonatoloxía, anelamento científico e fotografía da natureza), que comprenden diferentes disciplinas que serán impartidas por expertos na materia.

Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases da Escola de Naturalistas na Reserva de Biosfera:

BASES DA ACTIVIDADE

Prazas limitadas.
Cota de matrícula: 60 euros*
Diploma acreditativo de participación ao finalizar o curso.

Se estas interesado nesta nova actividade, remítenos a túa solicitude antes das 23:59 horas do venres 15 de abril de 2016 (data de peche de inscricións), enchendo e enviando debidamente o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón:

Acceso ao formulario de inscrición

Descarga o cartaz da I promoción da Escola de Naturalistas na rbMceTM:

(*) Estanse a tramitar becas por parte da Reserva da Biosfera para os matriculados. Dependente de resolución de axudas públicas.

MATERIAIS DIVULGATIVOS E DE PARTICIPACIÓN

Queres descubrir a riqueza natural da Reserva de Biosfera e colaborar na conservación e protección dos seus valores ambientais?

Pois a continuación poñemos á túa disposición unha serie de materiais e ferramentas divulgativas que che axudarán a identificar e coñecer mellor a diversidade biolóxica da Reserva e a participar na súa mellora e preservación.

Guía sobre biodiversidade, identificación e seguimento de especies na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.


Manual sobre boas prácticas no manexo de especies exóticas invasoras.


Lámina sobre as principais especies exóticas invasoras da Reserva de Biosfera.

Lámina_invasoras

Paneis divulgativos sobre a Reserva de Biosfera e as principais especies exóticas invasoras e os tratamentos máis axeitados para o seu control.

Programa de seguimento fenolóxico

Evaluar a través da recollida de datos fenolóxicos, os efectos do cambio climático no territorio das 6 Reservas de Biosfera de Galicia, involucrando no seu desenvolvemento ós diferentes sectores da sociedade: xestores, técnicos, profesores, escolares, agricultores, gandeiros, entidades medioambientais e público en xeral, todo esto a través dunha plataforma web aberta a toda a cidadanía.

Na actual proposta traballarase especificamente coa comunidade escolar, seleccionando varios centros no territorio das Reservas de Biosfera galegas; en concreto, cada Reserva de Biosfera seleccionará dous centros educativos no seu territorio para a execución deste proxecto.

As idades dos alumnos estarán comprendidas entre os 11 e os 16 anos, é dicir, dende 6º de Primaria a 4º da E.S.O.

Obxectivos

VISOR BIODIVERSIDADE

Este visor recolle toda a información enviada polos usuarios da aplicación para móbiles da Reserva de Biosfera. Dende el, preténdese dar a coñecer dunha maneira divulgativa, o estado ambiental da Reserva e da súa biodiversidade, mediante a localización de:

Se queres colaborar, non tes máis que descargarte a aplicación da sección de “Materiais divulgativos e de participación” e enviar as fotografías que consideres que poden encaixar en algún dos apartados anteriores, a propia aplicación xeorreferenciará a túa situación.




Que máis facemos?