PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
SOSTENIBILIDAD MEDIO RURAL

Eco-comedores Biosfera

“EcoComedores da Biosfera”: ferramenta para un cambio social, animando o consumo de produtos ecolóxicos de tempada e proximidade en centros escolares.

Con este  proxecto búscase analizar a situación actual e establecer accións de mellora, tanto para a produción e a loxística, como para as escolas, buscando enraizar máis ou proxecto xa iniciado.

Participan no proxecto  GAL Mariñas-Betanzos e a Escola A Caracola,  ademáis de 11 centros escolares e a Asociación ALEGA.

No ano 2015 a Asociación Mariñas-Betanzos deseñou un Plan Alimentario co apoio da Fundación Biodiversidade, para potenciar a creación de “emprego verde” con novos produtores ecolóxicos, que puideran comercializar en circuítos curtos. Fíxose unha experiencia piloto de consumo ecolóxico local, que foi crecendo ata as actuais 12 escolas, e chegando a máis de 2.000 escolares.

A principios de 2020, froito da reflexión de varios axentes ( GAL, A Caracola, Menjadors, ALEGA) sobre a situación do proxecto e as súas necesidades, demandas e retos, xurde a idea de impulsar o proxecto coa axuda da Fundación Carasso.

A Fundación Daniel e Nina Carasso foi creada en 2010, en honra a Daniel Carasso, fundador de Danone, e á súa dona  Nina. O seu traballo é pioneiro no concepto de Alimentación Sostible co obxectivo dun acceso universal a unha alimentación saudable e respectuosa coas persoas e os ecosistemas.

O Proxecto “Eco-Comedores da Biosfera” enmárcase na Convocatoria de proxectos 2020 do Programa de Alimentación Sostible da Fundación  Carasso, que cofinanciará o desenvolvemento das actuacións.

A Alimentación visualizouse como unha ferramenta de mitigación do cambio climático, que contribúa ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e a paisaxe, e a un cambio de modelo de consumo.

Durante os anos 2021 e 2023 preténdese realizar unha avaliación da situación actual onde xa se está consumindo produto ecolóxico de tempada en 12 colexios, atendidos por ALEGA, ademáis de sensibilizar e capacitar no deseño e elaboración dos menús escolares, e a súa adaptación ás producións de tempada da zona, incrementando o consumo de froita e proteína vexetal e facilitando o seu deseño mediante manuais de apoio.

Por último, buscarase reforzar os vínculos do proxecto coa comunidade escolar, para que coñezan a fondo a iniciativa e a importancia da súa implicación activa. Ademáis se analizará a posibilidade de incorporar máis escolas na Coruña e outros municipios da Reserva de Biosfera, e implicando a administración local e rexional neste proceso de cambio.

ACCIÓNS DO PROXECTO:

  1. ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL E IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES DO SECTOR PRODUTOR.
  2. DEFINICIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL E IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES DOS COMEDORES EN CADA CENTRO EDUCATIVO
  3. AVALIACIÓN DE POSIBILIDADES DE INCORPORACIÓN DE NOVOS OPERADORES ECOLÓXICOS E NOVOS COMEDORES Á INICIATIVA E DA CREACIÓN DUNHA CENTRAL DE COMPRAS
  4. DEFINICIÓN DE CONTIDOS ESPECÍFICOS PARA O APOIO TÉCNICO AO SECTOR PRODUTOR E Á COMUNIDADE ESCOLAR
  5. IMPLEMENTACIÓN DE ACTUACIÓNS PARA O SECTOR PRODUTOR
  6. IMPLEMENTACIÓN DE ACTUACIÓNS PARA A COMUNIDADE ESCOLAR
  7. ELABORACIÓN DE MATERIAIS PARA ANIMAR E DINAMIZAR OS OBXECTIVOS DO PROXECTO.
  8. DIFUSIÓN E COMINICACIÓN.
  9. MEDICIÓN DO IMPACTO DO PROXECTO

MATERIAIS DO PROXECTO:

1- DOSSIER DO PROXECTO DE ECOCOMEDORES DA BIOSFERA

Dossier galego

Dossier castellano

2- GUÍA PARA COMIDAS SAUDABLES E SOSTIBLES EN FAMILIA

Publicación para promover a introdución de menús saudables e sostibles para as comidas en familia.

Cun enfoque práctico esta publicación quere axudar a concienciar ás familias a repensar os seus hábitos alimenticios. Así, propón o incremento da inxesta de verduras, froitas ou cereais integrais, así como a redución do consumo de bebidas azucradas, sal ou alimentos ultraoprocesados.

GUÍA

3- CALENDARIO PRODUTO DE TEMPADA

Podes descargar esta guía, coas producións de tempada: CALENDARIO

4- TRÍPTICOS

TRÍPTICO POR QUE?

TRÍPTICO QUE FIXEMOS?

TRÍPTICO QUE IMOS A FACER?

5- VÍDEOS

"EcoComedores da Biosfera"

EcoComedores: eco & km 0 (versión galego)

EcoComedores: eco & km 0 (versión castellano)

De la huerta a la mesa

 Experiencia piloto en comedores escolares 2018




Que máis facemos?