PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
ECOTURISMO

Ecoturismo no Golfo Ártabro

Principais obxectivos do proxecto:

Ou obxectivo xeral do proxecto é identificar e promover novas oportunidades de creación de emprego apostando por un modelo de turismo sostible (Ecoturismo).
A posta en marcha deste modelo turístico favorecerá o crecemento económico e a creación de emprego nos concellos costeiros, con maior vocación mariñeira.
O turismo exercerá de motor do resto de actividades económicas (sector produtor e transformador, aloxamentos, servizos, etc.).

Os obxectivos específicos son os seguintes:

– Poñer en valor o patrimonio do mar e do litoral a través de novos produtos turísticos.
– Articular unha oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos do mar e do litoral, buscando a desestacionalización e os novos públicos.
– Promover a cooperación entre o sector do mar, o sector do turismo e a hostalería, as administracións locais e o resto do tecido produtivo, forxando alianzas duradeiras cara a un futuro.

Os principais resultados previstos son os seguintes:
– Promover a creación de emprego e a posta en marcha de novas actividades económicas, entre a comunidade costeira, ligadas ao turismo sostible.
– Diversificar as actividades realizadas no marco da pesca, como son as iniciativas de turismo mariñeiro.
– Empregar as novas tecnoloxías para dar a coñecer os recursos do mar e do litoral no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Sur.
– Implicar ao sector do turismo e a hostalería na posta en valor e difusión dos recursos mariños e de litoral, no ámbito do GALP Golfo Ártabro Sur.

Principais actividades do proxecto:

Entre as actividades programadas están as de xerar un Grupo de Traballo de empresas do mar e turísticas, así como de entidades locais e outros axentes de interese, que definan novos produtos turísticos vinculados co litoral, a costa e o mar dos concellos do GALP Golfo Ártabro Sur.
Definiranse, como mínimo, tres produtos  ecoturísiticos no Golfo Ártabro, interconectados entre si, e capacitarase ao empresariado relacionado con estes produtos co obxectivo de coñecer as bases do Ecoturismo e interconectar distintas actividades  sectorialmente.
Dinamizarase o proxecto a través das redes sociais, mediante persoal propio, e de elaboraranse distintos materiais promocionais para o lanzamento destes produtos, incluíndo unha visita de familiarización por parte dos axentes de interese.
Este proxecto tamén  pivotará na mellora da comercialización e promoción dos produtos do mar e o litoral, principalmente nas canles cortes (restaurantes que consuman produto local), conectando estes produtos coa demanda existente na Reserva dá Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo, así como na cidade da Coruña.

En definitiva, trátase de articular un destino Ecoturístico con produtos turísticos vinculados co mar e co litoral, e  posicionádoo como un destino de Ecoturismo a nivel estatal.


Actividades realizadas na anualidade 2021:

As actividades realizadas durante a anualidade 2021 foron as seguintes:

1. DIAGNOSE E IDENTIFICACIÓN DE RECURSOS E EMPRESAS PARA A ELABORACIÓN DO CATÁLOGO DE EMPRESAS LIGADAS AO SECTOR DO MAR E O TURÍSTICO

O equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos ten levado a cabo a identificación de empresas ligadas ao sector do mar e ao sector turístico no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Sur, para ademais de contactar con elas para a súa implicación activa no proxecto, concretar actuacións de formación ligadas á metodoloxía SICTED e identificalas para posteriores actuacións e Fam-trips.

2. CAPACITACIÓN E FORMACIÓN DAS EMPRESAS IDENTIFICADAS E INTERESADAS NO ECOTURISMO NO LITORAL

Dentro desta actividade se ten desenvolvido un Plan de Formación ao empresariado turístico do ámbito de actuación do GALP Golfo Ártabro Sur e a súa área de influencia no ámbito do Ecoturismo e a certificación a través da metodoloxía SICTED, que permitirá distinguir e certificar a estas empresas dentro do Clube de Ecoturismo estatal.

3. DIAGNOSE E IDENTIFICACIÓN DE RECURSOS: ASISTENCIA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN DE SENDEIROS NO ÁMBITO DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

Realizáronse as actuacións de avaliación de sendeiros nas seguintes dez rutas: Ruta Sisalde-Costa Arteixo (Arteixo), Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes (Oleiros), Monte Xalo (Culleredo), Ruta do Rego das Xesteiras (Culleredo), Ruta arredo de Cambre (Cambre), Ruta da Costa Doce PRG-96 (Sada), Ruta de Trabe e Fonte da Balsa (Culleredo), Ruta Fluvial do Río Mero (Cambre), Ruta perimetral polas Brañas de Sada (Sada), Ruta de Miodelo e Mariñán (Bergondo).

4. COORDINACIÓN E XESTIÓN

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos ten realizado as actuacións de coordinación e xestión do proxecto para desenvolver as accións arriba sinaladas.

Conclusións:

Pódese concluír que as actividades desenvoltas durante a anualidade 2021 teñen servido dunha forma significativa de cara a avanzar en:

Financiación:

Importe da subvención concedida: 25.895,50 € (85% FEMP, 15% Nacional)


Proxecto





Que máis facemos?