A Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", a través do GALP Golfo Artabro Sur grazas ao apoio da Consellería do Mar que RESOLVE, O día 10/12/2021 conceder unha subvención ao seguinte proxecto: “Gobernanzana Ría de Betanzos” cos requisitos e nas condicións que a seguir se sinalan a cuxo cumprimento se compromote o beneficiario da axuda.
O presente proxecto, promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, ten como obxetivo principal a mellora da gobernanza da Ría de Betanzos, identificar os problemas e necesidades existentes no eido pesqueiro, medioambietal e turístico, así como a definición dos retos de futuro, apostando sempre por un modelo de sustentabilidade dos diferentes recursos a través dan cooperación e da participación de todolos axentes implicados.
Obxectivos específicos:
· Fomentar a participión do sector, implicandoo na gobernanza e responsabilidade na revalorización dos aproveitamentos da Ría de Betanzos.
· Promover un axeitado uso público da ría e reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos.
· Fomentar vínculos de colaboración cos axentes territoriais e implicalos na toma de decisións, identificando o papel que poderían xogar na xestión da ría.
Para a consecución dos obxetivos marcados, realizaronseas seguintes actividades:
1. Estudo do ecosistema sociolóxico e legal do litoral:
· Asistencia técnica para o estudo da situación do ecosistema socioecolóxico e legal da zona.
· Identificacióndos axentes claves na xestión da ría.
· Identificacióndos proxectos e traballos que se están a levar a cabo no litoral e as entidades que os están a executar. Resultados obtidos e consecución dos obxectivos plantexados inicialmente.
2. Fomento da participación e mellora da gobernanza na ría de Betanzos. Xornadas de sensibilización:
· 1ªXornada, entre equipo directivo da Asociación Mariñas-Betanzos e o equipo do proxeto.
· 2ªXornada, sobre a problemática da navegación nos espazos Rede Natura 2000 da ría de Betanzos e do Mandeo, cos axentes intitucionais.
· 3ª Xornada, na que se presentaron os resultados preliminaresdos traballos realizados e serviu como foro de debate entre todas as entidadesinteresadas en participar.
Conclusións:
A posta en marcha desta deste proxecto permitiu obter unha visión extensa e integrada sobre a zona, afondar no papel da Reservacomo primeiro destino de Ecoturismo de Galicia, considerar as necesidades parao desenvolvemento dunha actividade pesqueira responsable e favorecer a diversidade de usos e a mellora ambiental da ría.
Os valores naturais e paisaxísticos que presenta a ría de Betanzos veñen sendo recoñecidos dende fai tempo por figuras de recoñecemento internacional, como son a Rede Natura 2000 ou a propia consideración de Reserva da Biosfera. Por outro lado, atopámonos nunha ría cunha certa actividade portuaria.
Nas beiras da ría atopamos ata catro portos: Lorbé, Sada, Betanzos e Miño; dos cales destacan os dous primeiros pola súa produción pesqueira, e otros son salientables noutros aspectos, como a actividade náutica (en Sada, especialmente).
Cómpre sinalar que vinculada á actividade pesqueira e de explotación mariña existen tres Confrarías de Pescadores, sendo destacables o cultivo de mexillón e ostras nas bateas situadas preto do porto de Lorbé.
En resumo, todo este maremagnum de usos e actividades, xunto co auxe do turismo acuático e de aventura, acaban moitasveces por chocar entre sí sen que a normativa consiga recoller toda a casuística de situacións e sexa capaz de xerar unha ordenación que permita aconvivencia entre as mesmas. Nas distintas accións desenvolvidas no proxectotratouse de identificar as problemáticas, clarificar competencias e establecerposibles solución, establecendo acordos cara o futuro.
Proxecto financiado pola Consellería do Mar a través do GALP Golfo Ártabro Sur.