PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
SOSTENIBILIDAD MEDIO RURAL

PLAN ALIMENTARIO 2014-2020

PLAN ALIMENTARIO 2014-2020

O Plan alimentario constitúese baixo o amparo dos axentes pertencentes ao sistema alimentario, a partir do traballo da Comisión técnica e as Mesas temáticas desde novembro de 2014 a xullo de 2015, cunha visión e uns obxectivos consensuados e compartidos por todos.

A Comisión Técnica Alimentaria está integrada por preto de 40 representantes dos principais axentes do sistema alimentario no territorio (produtores locais, empresas agroalimentarias, distribuidoras, grupos de consumo, asociacións de consumidores, restauradores, técnicos agrarios, centros de investigación, fundacións, etc.). (No anexo pódese consultar os axentes participantes no proceso.)

O 6 de novembro de 2014, data de presentación do proxecto, constituíse a Comisión Técnica do Plan alimentario, cuxa labor estivo centrada na identificación de liñas de acción para o desenvolvemento sostible do Sistema Alimentario Local.

É dicir, identificar, promover, validar e colaborar na implementación de estratexias e iniciativas vinculadas ao mesmo.

Dada a excelente resposta e interese dos axentes do territorio pola participación no proceso, conformáronse grupos temáticos de discusión nos que participaron un número máis reducido de persoas. Esta dinámica de grupo se repetiu en sucesivas xuntanzas os días 2 de decembro de 2014, 19 de marzo de 2015, 13 de maio de 2015 e 14 de xullo de 2015.

Ao longo de todos os pasos intermedios se ten contado coa participación dos principais actores implicados no territorio, o que deu como resultado un Plan participado e validado polos participantes.

Plan alimentario

Resumo do Proxecto (2014-2017)

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” é un territorio que conta cunhas condicións climáticas e xeográficas moi satisfactorias para o desenvolvemento de gran diversidade de cultivos. Trátase dun territorio con case 190.000 habitantes e unha extensión de 1.139,7 km2 situado na periferia da Cidade de A Coruña. Esta situación supón unha clara oportunidade para ofrecer produtos locais e de proximidade, mantendo así un Sistema alimentario Local baseado na sustentabilidade e na xeneración de emprego no territorio.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, pretende desenvolver unha estratexia alimentaria na Reserva, que estimule a produción, transformación e consumo de produtos agroalimentarios locais e agroecolóxicos. Proponse para elo, o deseño dun Plan Alimentario Local 2014-2017 ligado ao crecemento sostible e o emprego verde, que conta con o apoio da Fundación Biodiversidad e do Programa LEADER.

O Plan Alimentario intégrase de maneira transversal en varias liñas do Plan Estratéxico de Xestión 2013-2017 da Reserva de Biosfera, convirtiéndose deste xeito nunha iniciativa de vital importancia para o desenvolvemento dos obxectivos globais da Reserva.

Para a identificación das principais liñas de acción e metas do Plan constituirase unha Comisión Técnica Alimentaria integrada por representantes dos principais axentes do sistema alimentario no territorio (produtores locais, empresas agroalimentarias, distribuidoras, grupos de consumo, asociacións de consumidores, restauradores, técnicos agrarios, centros de investigación, fundacións, etc.)

No Plan Alimentario 2014- 2017 acordaranse unhas recomendacións para apoiar e ampliar o Sistemas Alimentario Local superando osbstáculos existentes en canto a produción, comercialización e consumo sustentable. El Plan alimentario dará resposta aos principais retos do Sistema alimentario actual identificados na diagnose inicial e basarase nos acordos do Comité técnico alimentario centrándose principalmente nos seguintes principios:

Obxectivos da estratexia alimentaria:

Deseñar de forma participativa un Plan Alimentario para a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, baseado na conservación da biodiversidade, o fomento do consumo responsable e do emprego verde.



Actuacións a corto prazo:

Para lograr estes obxectivos, estas son las actuacións previstas a desenvolver no próximo ano enmarcadas no contexto do proxecto apoiado dende a Fundación Biodiversidad:

No seguinte enlace descarga o díptico do Programa: PROGRAMA

COMISIÓN TÉCNICA

O Sistema Alimentario Local implica a multitude de axentes do territorio, desde produtores de alimentos ata o consumidor final. O proxecto pretende implicar a todos os axentes no deseño dun Plan Alimentario Local mediante a creación duhna Comisión Técnica Sobre Sistemas Alimentarios dentro dos órganos de xestión da RB. Esta comisión será a encargada de identificar, promover, validar e colaborar na implementación de estratexias e iniciativas en torno ao Sistema Alimentario Local da RB “MCeTM”.

Oxectivos da Comisión Técnica:


OBJETIVOS:

Para máis información preme nos seguintes enlaces para a súa descarga:

Documento de diagnose do Sistema Alimentario actual (versión 11 de novembre 2014)
Documento

Informe Reunión Lanzamento Proxecto- 6 de Novembro de 2014
Informe

Informe Reunión Técnica- 2 de decembro de 2014
Informe

Informe Mesa Temática Formación, Asesoramento e Innovación – 19 de marzo de 2015
Informe

Informe Reunión Técnica – 13 de maio de 2015
Informe

Informe Reunión Técnica – 14 de xullo de 2015
Informe


A Guía  Agroalimentaria da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo pretende   dar   a   coñecer  os   produtos   agroalimentarios  da propia  Reserva  de  Biosfera   a aquelas  persoas  ou  entidades   interesadas   no  consumo   en   circuítos   curtos   de   produtos locais   de   calidade,  como resultado  da  formulación  participativa  do  Plan  Alimentario.

A   Reserva   de   Biosfera    “Mariñas  Coruñesas   e   Terras  do  Mandeo”    está  considerada  como  unha  das  zonas  máis aptas  para  a   produción   agroalimentaria   de   Galicia.

No  territorio  atopamos  cultivos   con   variedades   tradicionais como  o tomate  Negro de  Santiago,  a Cebola e o Repolo de  Betanzos,  ou  as  uvas  das  variedades  de  Branco  Lexítimo e Agudelo,  recoñecidas pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) -Viño da Terra de Betanzos-.

A  Reserva  de  Biosfera  ofrece  un  amplo   abano  de   produtos   alimentarios:    Galiña  Piñeira,   Pan  de  Carral,   queixos, marmeladas,   plantas   aromáticas   e   medicinais   -como a  árnica  ou  a  stevia-,   etc.    Por   outro  lado,   as    producións agroecolóxicas   van   gañando   peso  nun  territorio   declarado   Reserva   de   Biosfera   que   aposta  por  un  sistema alimentario  máis  sostible.

Descarga a guía: GUÍA AROALIMENTARIA DA RESERVA DE BIOSFERA

Protocolo de Itinerario de Emprendemento verde

PROTOCOLO DE ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO VERDE

Deseño dun Itinerario de inserción laboral no sector do Emprendemento Verde, a produción de produtos locais, a transformación e comercialización en circuítos curtos.

Este Itinerario inclúe un protocolo de acompañamento a persoas emprendedoras; é dicir, un documento onde se detalla o itinerario formativo e de incorporación á actividade agraria que poderán seguir os potenciais emprendedores no futuro.

Está dirixido a todas as persoas que estean interesadas en poñer en marcha unha iniciativa enmarcada no “Emprego Verde”, ou que poidan estar a avaliar o emprendemento como unha alternativa para a creación do seu propio posto de traballo, e que poidan precisar de axuda nos distintos momentos de xeración e lanzamento do seu proxecto.

Preme para consultar o documento:

Protocolo de Itinerario de Emprendemento Verde: Protocolo




Que máis facemos?