PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
INNOVACIÓN

Redución uso antibióticos en porcino

Ligazón: Agriculture and rural development > Financing the Common Agricultural Policy (FEADER)

A aparición de resistencias a antibióticos, vencellado ao seu uso inadecuado na producción animal, obriga aos produtores de carne a buscar novas estratexias orientadas a producir alimentos que minimicen calqueira risco para a saúde pública.

A mellora das  condicións de manexo, bioseguridade, alimentación e benestar dos animais na granxa pode contribuír a estes fin, xa que permite obter unha melloría do estatus sanitario dos animais e contribuír a un uso máis racional dos medicamentos veterinarios.

As consecuencias indirectas da resistencia aos antibióticos repercuten en gran medida na saúde das persoas, e teñen amplos efectos tanto na economía a nivel global como local, con perdas debidas á menor produtividade por mor das enfermidades sofridas polos animais e ao incremento do custo dos tratamentos.

Xustificación

Galicia posúe un millón de cabezas de porcino, das cales unhas 380.000 corresponden a animais de cebo (MAGRAMA, 2016); en canto a toneladas de carne producidas, o sector porcino ocupa o terceiro lugar, por detrás dos sectores avícola e vacún (Xunta de Galicia, 2017).

Este nivel de produción é consecuencia dun alto grao de intensificación, que arrastra problemas como a mortalidade en animais novos, a tensión (Manteca, 2011) e a facilidade de propagación de enfermidades nas piaras. A relaxación no emprego de prácticas hixiénicas axeitadas deu lugar a que a medida máis frecuente para solucionar estes problemas fose a utilización de antibióticos.

Para avanzar solución a esta problemática e mitigar o impacto na saúde animal e humana, realizaranse diversos ensaios, en colaboración con produtores de porcino locais (COPORC, S.C.G.) e baseados na alimentación e no manexo dos animais na fase de cebo, para a adaptación do sistema de produción fronte ás novas esixencias legais, encamiñadas a unha redución do uso de antibióticos na alimentación animal, o que permitirá obter unha carne cunha calidade diferencial producida “sen antibióticos”.

As metas

O obxectivo final deste proxecto será a eliminación da adición de antibióticos na dieta de animais de porcino en ciclo industrial, nos derradeiros tres meses de vida. Para conseguir isto será necesario:

Metodoloxía

Durante este proceso, levarase a cabo un seguimento en diferentes explotacións de gando porcino, nos que se probará a supresión de antibióticos durante a fase de cebo, combinando unha mellora na bioseguridade das granxas e unha mellora a nivel xeral do manexo, seguindo catro grandes pautas:

Continuidade

Identificaranse as mellores pautas co fin de extrapolalas e difundilas no sector produtivo, levando a cabo accións de transferencia e asesoramento dentro deste sector. Os animais que formen parte do estudo serán controlados de maneira periódica mediante diversas analíticas, para comprobar que non se lles subministra antibiótico de xeito preventivo e xeralizado. Todo animal ao que se lle teña que administrar antibiótico será retirado do ensaio.

Se os resultados son satisfactorios, tratarase de ampliar o tempo de supresión dos antibióticos, ata reducir o máximo posible o seu uso na cría de porcino.

Financiación do proxecto

As axudas para o desenvolvemento deste proxecto foron solicitadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018

As axudas están financiadas con fondos Feader nun 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 2,5 %.

AXUDA CONCEDIDA: 99.856,35 euros.

Financiado por:

Entidades participantes

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Coporc  Sociedade Cooperativa Galega

Centro Tecnolóxico da Carne

Universidade de Santiago de Compostela (Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos: LHICA)

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias – AGACA

Accións

Resultados

Durante a duración do proxecto leváronse a cabo 3 ensaios no que se estudaron as 4 pautas de manexo establecidas para a redución do uso de antibióticos durante a fase de cebo.

Unha vez analizados todos os datos viuse que:

No que respecta á APARICIÓN DE PATOLOXÍAS, E POR TANTO Á NECESIDADE DE APLICACIÓN DE ANTIBIÓTICOS, conseguiuse reducir o seu consumo mediante todas as estratexias propostas no proxecto, excepto coa pauta de densidade,  coa vantaxe de que na pauta de vacinación non se produciron mortes nas tres repeticións realizadas. Así, no caso dos animais que seguen a pauta de control das condicións ambientais, só se tivo que administrar antibiótico a un único animal durante os 3 ensaios. Non aplicando nin unha soa dose de antibiótico durante o cebo de forma profiláctica.

No seguinte documento, pódense consultar máis detalladamente os resultados obtidos no proxecto:

RESUMO E RESULTADOS DO PROXECTO FEADER_2018-001B

MATERIAIS DIVULGATIVOS

DESCARGA AQUÍ O FOLLETO INFORMATIVO SOBRE A REDUCIÓN DA ADICIÓN DE ANTIBIÓTICOS

FOLLETO

“GUÍA PARA A REDUCIÓN DE ANTIBIÓTICOS NA DIETA DE PORCINO EN CICLO INDUSTRIAL”. Elaborada como parte das accións realizadas dentro do Proxecto FEADER 2018/001B

      Esta guía non pretende abordar en profundidade aspectos sanitarios do gando porcino, tan só ofrecer unha visión lóxica dos principais aspectos prácticos a considerar para controlar o estado sanitario nunha granxa porcina comercial. Para iso requírese valorar e controlar as enfermidades existentes e previr a introdución de enfermidades novas. Na maioría das situacións non se tratará tanto de manter a granxa libre de patóxenos como coñecer con cales deles se convive nun momento determinado, que repercusións teñen sobre a produción e evitar o uso indebido de antibióticos.

DESCARGA AQUÍ A “GUÍA PARA A REDUCIÓN DE ANTIBIÓTICOS NA DIETA DE PORCINO EN CICLO INDUSTRIAL”

GUÍA




Que máis facemos?