Volver a produtores

FINCA O CASTELO

Horta e froita

O Castelo é un promontorio a carón do mar no pobo de Palmeira - A Coruña, onde ata mediados do século XV erguíase unha fortificación que foi derrubada nunha das Revoltas Irmandiñas por Pedro Madruga. Hoxe en día, no alto desas pedras érguese a estatua do emigrante que simboliza a diáspora do pobo galego. Desta maneira José Antonio, o titular de Finca O Castelo, quere conservar as súas raíces nesta aventura emprendida no concello de Abegondo.

Finca o Castelo nace cun obxectivo fundamentado na inquedanza de sacar da terra alimentos saudables sen usar ningún produto prexudicial para as persoas nin para o medioambiente.

Xurde así a explotación afincada na parroquia de Leiro (concello de Abegondo), dedicada á produción hortícola e froiteira.

En Finca O Castelo procúrase levar adiante unha agricultura sostible e orgánica, intentando ser autosuficientes. Recíclanse os restos orgánicos da finca (material de desbroce, restos de poda, excedentes de produtos) para elaborar compost co que abonar a terra, reutilizando o máximo posible e evitando consumir novos recursos:

•       Utilízanse exclusivamente abonos orgánicos procedentes de explotacións do contorno.

•       Foméntase a instalación de refuxios de fauna útil para contribuír á biodiversidade a ao control natural de pragas dos cultivos.

•       Promóvense as asociacións de cultivos para o máximo respecto á terra e para o control de pragas e enfermidades.

•       Non se utilizan produtos químicos de síntese.

A explotación dispón de preto de 6.000 m2 de produción ao aire libre (repartida entre os concello de Abegondo e Culleredo) dedicada a un amplo abano de variedades hortícolas xunto a unha representación de árbores froiteiras como maceiras, cerdeiras, pereiras, cítricos e froitas de oso. Todo elo apoiado cunhas pequenas infraestruturas baixo abrigo (arredor de 60 m2) fundamentalmente dirixidas a semilleiros e á produción de plántula propia.

A comercialización atópase centrada en entregas a domicilio para clientes particulares do entorno da Reserva de Biosfera e da cidade da Coruña. Todas as semanas publícase a dispoñibilidade de produto e os pedidos son recibidos por teléfono, whatsapp ou correo electrónico.

www.fincaocastelo.es
fincaocastelo@gmail.com
635606563
Lugar Boucello, s/n, 15318 Leiro (Abegondo)
No items found.

OUTROS PRODUTORES

Imagen productor
ENFLOR
Horta e froita
Imagen productor
LÚA DE DEXO
Horta e froita
Imagen productor
LEIRIÑAS DE UZ
Horta e froita
Imagen productor
ORBALLO
Aromáticas
Imagen productor
AGRECO GALIZA, S.L.
Aromáticas
Imagen productor
AS CAMPOSEIRAS
Marmeladas
Imagen productor
ACASTREXA
Marmeladas
Imagen productor
LORENZO BESCANSA
Viño
Imagen productor
ADEGAS BORDEL
Viño
Imagen productor
BODEGAS ELADIO
Viño
Imagen productor
BODEGAS RILO
Viño
Imagen productor
CONEXIÓN MANDEO
Viño
Imagen productor
ADEGA BEADE
Viño
Imagen productor
EVA Mª RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Lácteos
Imagen productor
QUEIXOS CAGIAO
Lácteos
Imagen productor
OS BIOSBARDOS
Horta e froita
Imagen productor
SEITURA
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DO MONTE
Horta e froita
Imagen productor
TERRAS DE BORDEL
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE SUEIRIÑA
Horta e froita
Imagen productor
AGRODAYCA
Horta e froita
Imagen productor
HORTAECO
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DA PORTA
Horta e froita
Imagen productor
HORTA MILLARADA
Horta e froita
Imagen productor
OLOR Y SABOR
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE ANA
Horta e froita
Imagen productor
GRANXAS DE LOUSADA
Horta e froita
Imagen productor
FINCA BOUZÓN
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE ANTÍA
Horta e froita
Imagen productor
DATERRA DO PAÍS, S.L.
Horta e froita
Imagen productor
LABRECOS
Horta e froita
Imagen productor
FRUTAS GEIXADE,S.C
Horta e froita