Volver a produtores

OLOR Y SABOR

Horta e froita

Olor  e Sabor é a marca coa que Begoña vende os produtos da súa horta sostible. É de recente creación (2015), pero con ampla experiencia na agricultura, xa que seus avós tiñan unha explotación que máis tarde pasou para súa nai, e que agora continúa ela.

Gústalle que a xente que compra os seus produtos poida saber de onde veñen e velos medrar. Ademais consegue novas variedades intercambiando sementes con outros produtores ou comprándoas a empresas que coidan o que producen.

Na súa páxina de Facebook (www.facebook.com/olorysaboragricultura) é onde se pode atopar toda a información desde o principio do cultivo ata o final.

A súa canle comercial é a venta directa maioritariamente, fai cestas que o cliente pode recoller directamente na explotación ou recibilas a domicilio entregadas directamente por Begoña. Tamén se poden encontrar os seus produtos na Coruña, en “La Tienda de Lino Delicatessen” (C/Novoa Santos 36-38).

Produce verduras e froitas de temporada (sobre todo tomates e pementos), nunha parcela de 6.500m2 e 250m2 de superficie de invernadoiros.

En primavera sempre hai amorodos e verduras de folla, os primeiros tomates e algún pemento, brocoli, chícharos e tirabeques.

En verán ten sobre todo, pementos de moitas variedades e tamén autóctonos como os de Padrón e Oímbra, tomates de máis de 60 variedades, berenxenas, xudías, froitos do bosque, etc.

En outono aínda hai pementos e tomates, e chegan a cabazas e as primeiras verduras de folla. Finalmente no inverno hai repolo, coliflor, brócoli, fabas verdes, chícharos e tirabeques e non podían faltar as nabizas e os grelos.

Begoña Sara Pena Cacheiro
alimento.vivo@hotmail.com
652270668
Coruña
No items found.

OUTROS PRODUTORES

Imagen productor
FINCA O CASTELO
Horta e froita
Imagen productor
ENFLOR
Horta e froita
Imagen productor
LÚA DE DEXO
Horta e froita
Imagen productor
LEIRIÑAS DE UZ
Horta e froita
Imagen productor
ORBALLO
Aromáticas
Imagen productor
AGRECO GALIZA, S.L.
Aromáticas
Imagen productor
AS CAMPOSEIRAS
Marmeladas
Imagen productor
ACASTREXA
Marmeladas
Imagen productor
LORENZO BESCANSA
Viño
Imagen productor
ADEGAS BORDEL
Viño
Imagen productor
BODEGAS ELADIO
Viño
Imagen productor
BODEGAS RILO
Viño
Imagen productor
CONEXIÓN MANDEO
Viño
Imagen productor
ADEGA BEADE
Viño
Imagen productor
EVA Mª RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Lácteos
Imagen productor
QUEIXOS CAGIAO
Lácteos
Imagen productor
OS BIOSBARDOS
Horta e froita
Imagen productor
SEITURA
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DO MONTE
Horta e froita
Imagen productor
TERRAS DE BORDEL
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE SUEIRIÑA
Horta e froita
Imagen productor
AGRODAYCA
Horta e froita
Imagen productor
HORTAECO
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DA PORTA
Horta e froita
Imagen productor
HORTA MILLARADA
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE ANA
Horta e froita
Imagen productor
GRANXAS DE LOUSADA
Horta e froita
Imagen productor
FINCA BOUZÓN
Horta e froita
Imagen productor
A HORTA DE ANTÍA
Horta e froita
Imagen productor
DATERRA DO PAÍS, S.L.
Horta e froita
Imagen productor
LABRECOS
Horta e froita
Imagen productor
FRUTAS GEIXADE,S.C
Horta e froita