A Reserva de Biosfera

A candidatura a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.

A aprobación definitiva desta Reserva de Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos.

Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña.

Municipios que conforman a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes.

OPORTUNIDADES QUE OFRECE A RESERVA DA BIOSFERA

NATUREZA

O territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas atópase entre ríos, cantís e montañas. Trátase dun territorio sublitoral de 300 metros de altitude media, onde predominan as súas costas, vales e serras enmarcadas polas cuncas dos ríos Mero e  Mandeo.

As Mariñas Coruñesas ocupan unha superficie de 116.724,3 hectáreas totais (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), repartidas en 17 concellos:

Para compatibilizar a mellora ambiental co desenvolvemento social e económico da zona se divide en tres zonas:

1. Zonas Núcleo:

Cumplen a función de conservación. Están delimiadas en torno ós lugares da Rede Natura 2000:

Costa de Dexo
Costa da Morte
Betanzos-Mandeo
Embalse de Abegondo-Cecebre

2. Zonas Tampón:

Funcionan como áreas de protección da Zona Núcleo, onde se desenvolven aqueles usos e actividades como mostra do desenvolvemento sostible.

3. Zonas de Transición:

Sustentan a maior parte das poboacións e actividades.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) conta con varios espazos naturais protexidos no seu interior, como Zonas de Especial Conservación (ZEC), Monumentos Naturais e Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

As ZEC son:

SINAIS DE IDENTIDADE

A historia das Mariñas Coruñesas encóntrase moi vinculada ás súas características xeográficas. A calidade dos solos e o seu clima temperado con influencia mariña, con temperaturas suaves e precipitacións moderadas, así como a súa posición estratéxica nas proximidades da cidade da Coruña, condicionan a agricultura cara as producións en fresco.

Destacan os produtos de horta de excelente calidade: tomates, cebolas e repolos de “Betanzos”; así como produtos do mar (mexillóns de Lorbé ou sardiñas).

Existen ademais produtos tradicionais elaborados artesanalmente, como os queixos ou o pan de Carral, para acompañar cun viño da Terra de Betanzos. Din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.

Os obxectivos da Reserva diríxense a recuperar, en boa parte, a interrelación do ser humano coa natureza, e dar a coñecer todo o seu patrimonio natural, histórico, cultural, artístico, arqueolóxico, etnográfico e folclore variado, como consecuencia das innumerables culturas.

Os elementos máis antigos foron herdados de culturas megalíticas e castrexas (petroglifos e numerosos castros). A época romana ou o propio Camiño de Santiago, a cultura modernista en Sada ou unha variada arquitectura popular ou civil (pazos, xardíns e parques enciclopédicos como O Pasatempo en Betanzos, ou balnearios de augas con propiedades mineromedicinais, …) son algúns exemplos da enorme riqueza patrimonial que agocha este territorio.

Candidatura presentada