EDUCANDO NA BIOSFERA
Educando é un programa de actividades a desenvolver coa comunidade escolar. Preséntase coma unha iniciativa de aprendizaxe non formal en distintos campos, moi conectados cos obxectivos da Reserva de Biosfera, co fin de estimular a creatividade e o potencial xuvenil nos procesos de análisis e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, para implicarse dentro dun espazo sustentable en materia de innovación e benestar social.
Este programa de actividades a desenvolver coa comunidade escolar, está dirixido aos centros educativos de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e Institutos de Educación Secundaria (IES), dos concellos que forman parte do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. Preséntase como una iniciativa de aprendizaxe non formal en distintos campos.



As temáticas ofertadas dentro do programa están englobadas dentro de 6 paquetes formativos definidos de acordó cos temas que se tratan en cada una delas:
- Alimentación saudable e produto de proximidade.
- Arte e patrimonio cultural.
- Promoción da biodiversidade.
- Igualdade e ciencias sociais.
- Natureza e territorio.
- Cambio climático e sostenibilidade dos recursos.
Para máis información sobre adhesión ao programa Educando pode chamar ao número de teléfono 981669541 o no enderezo electrónico info@marinasbetanzos.gal.











